Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas da Dirección Xeral


(09-12-2014)


Programa REAJ de intercambio xuvenil internacional 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado iniciou no mes de soutubro un programa de intercambios xuvenís en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís e a Asociación de Inglaterra e Gales de albergues xuvenís.

Froito deste programa o primeiro voluntario inglés está a pasar a súa primeira estancia na Residencia Xuvenil Altamar en Vigo.

Ampliar

(09-12-2014)

IX Xornadas de Cooperación do Fondo Galego

- Representantes de Nacións Unidas, da Unión Mundial de Gobernos Locais ou da Confederaçao dos Municípios Brasileiros reuniranse en Vigo o 10 de decembro.
- O Fondo Galego de Cooperación organiza no Día dos Dereitos Humanos este encontro no que tamén se entregarán os premios do certame Imaxes con Fondo.

Persoas expertas das Nacións Unidas, da Unión Mundial de Gobernos Locais ou da Confederaçao dos Municípios Brasileiros participarán nas IX Xornadas...

Ampliar

(05-12-2014)

Galicia celebra hoxe o Día Internacional das preto de 38.000 persoas voluntarias da Comunidade

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou en Santiago a algúns dos participantes da Rede de Centros Solidarios con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado.

A Consellería conta cun plan de formación anual que permitiu impartir en 2014 un total de 33 cursos para máis de 12.000 alumnos.

Rodeiro puxo en valor o Servizo de Voluntariado Xuvenil, un programa pioneiro en España para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos no que en 2014 participaron 711 voluntarios en 122 proxectos.

Como novidades, esta ano puxéronse en marcha programas como o de acompañamento no hospital psiquiátrico de Conxo, ou o de intercambio xuvenil internacional.

Galicia conta xa con máis de 37.600 voluntarios e 828 entidades de acción voluntaria rexistradas. Así o lembrou hoxe o director xeral de Xuventude e...

Ampliar

(05-12-2014)

Día Internacional do Voluntariado

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Voluntariado, o director xeral de Xuventude e Voluntariado Ovidio Rodeiro Tato mantivo un encontro a través de vídeo conferencia con estudantes e profesores dalgúns dos centros pertencentes á Rede de Centros Escolares Solidarios participantes no deseño e execución das actividades de visibilización da acción voluntaria que hoxe se van desenvolver de forma simultánea en varias localidades galegas.

No encontro virtual os alumnos e alumnas participantes amosaron as pulseiras solidarias que hoxe se van vender con finalidade solidaria na Coruña,...

Ampliar

(05-12-2014)

DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO 2014

Dende esta Dirección Xeral queremos felicitarvos a todas e todos os voluntarios e voluntarias e a todas as entidades de acción voluntaria que na nosa comunidade autónoma desenvolvedes altruistamente accións voluntarias.

É, ademais, unha ocasión única para agradecervos dende esta Dirección Xeral a vosa labor diaria, a vosa implicación nos programas de voluntariado,...

Ampliar

(05-12-2014)

A Xunta dá a coñecer o seu programa de voluntariado dixital en Castela e León

A través da experiencia dun dos 400 voluntarios dixitais adheridos ao programa, impulsado pola Amtega e a Consellería de Traballo

Promoveu a iniciativa “Santa Comba na Memoria” unha web, elaborada coas achegas de veciños e empresas, con máis de 5.000 fotografías que percorren a historia do século XX do concello

Máis de 3.800 persoas formáronse grazas no case tres anos de actividade de voluntarios e mecenas dixitais do programa de Voluntariado Dixital

O programa de Voluntariado Dixital da Xunta, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de...

Ampliar

(01-12-2014)

Un total de 165 persoas privadas de liberdade participaron no programa

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe o centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, que conta actualmente con 22 voluntarios.

Os participantes neste proxecto colaboran en diversas iniciativas solidarias, como en obradoiros de reparación de xoguetes para familias con pouco recursos.

Todos os participantes realizan previamente un curso básico de voluntariado, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude.

O próximo día 5 de decembro conmemórase o Día Internacional do Voluntariado.

Un total de 165 persoas privadas de liberdade teñen participado no programa “Voluntariado desde dentro” desde a súa posta en marcha no ano 2012....

Ampliar

(24-11-2014)

A Xunta pon en marcha unha campaña para concienciar os mozos e mozas galegos dos perigos de difundir fotos e vídeos polas redes sociais

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe a campaña contra o sexting, “10 razóns para non practicar sexting”.

España ocupa o terceiro lugar do mundo, detrás de Brasil e Italia no uso de redes sociais, e o primeiro en Europa en facelo dende dispositivos móbiles.

A Xunta pon en marcha una campaña para concienciar tanto a mocidade coma as persoas adultas dos perigos que ten difundir determinadas fotografías ou...

Ampliar

(18-11-2014)


Andaina contra a violencia de xénero: Camiño ao Respecto

Participa na "Andaina contra a violencia de xénero: Camiño ao Respecto" o día 23 de novembro ás 11:00 horas que sairá do punto de información do Monte do Gozo.

Programa:

Ampliar

(14-11-2014)

A Xunta aumentará o orzamento para programas de educación non formal nun 25% ata chegar aos 2,5 millóns e beneficiar a 4.000 mozos

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Teo a xornada ‘A educación non formal en programas de mobilidade e voluntariado’.

Mato avanzou que o programa de mobilidade transnacional, Galeuropa, contará en 2015 cun millón de euros, un 55 por cento máis que este ano, co que se poderán beneficiar 700 persoas.

A nova iniciativa do departamento autonómico, ‘Deseñando o teu futuro’ disporá en 2015 de 130.000 euros e 750 beneficiarios.

Benestar seguirá a reforzar as axudas de Iniciativa Xove, o programa de Voluntariado Xuvenil e o certame Xuventude Crea.

Mato anunciou que o Goberno galego está a traballar nun Decreto que regulará por primeira vez no Estado a expedición de certificacións oficiais das experiencias adquiridas polos mozos que participen en programas de educación non formal.

A Consellería de Traballo e Benestar incrementará en 2015 o orzamento destinado a programas de educación non formal aos que destinará 2,5 millóns de...

Ampliar

(07-11-2014)

Benestar incrementará en 2015 nun 13,5% as axudas para proxectos de voluntariado xuvenil que chegarán aos 500.000 euros

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe en Santiago o II Encontro da Rede de Centros Solidarios.

Preto de 1.400 alumnos de 13 centros de toda Galicia participaron este ano en proxectos solidarios, ben no propio centro ou en colaboración cunha entidade de voluntariado.

Mato avanzou que a Xunta lle dará continuidade a partires de 2015 ao Plan Galego de Acción Voluntaria.

A Consellería de Traballo e Benestar incrementará o próximo ano as axudas a entidades locais e de acción voluntaria para proxectos de voluntariado...

Ampliar

(06-11-2014)

A Secretaría Xeral para o Deporte organiza unha xornada sobre a natureza voluntaria ou laboral das actividades desenvolvidas nas entidades sen ánimo de lucro

A xornada foi organizada en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Congregou a representantes do sector deportivo galego.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos González, e o director xeral de Xuventude e...

Ampliar

(03-11-2014)

VOLUNTARI@S PARA A 'OPERACIÓN KILO'

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora unha vez mais co Banco de Alimentos Rias Altas na “Operación Kilo” que se realizará os días 28 e 29 de novembro na provincia de A Coruña
Actividade:

A "Gran Recollida de Alimentos", organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), na que participarán os 55 Bancos de Alimentos...

Ampliar

(03-11-2014)


II Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios

O vindeiro 7 de novembro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia vaise celebrar o II Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios.

PROGRAMA DA XORNADA

10:00H Recepción dos centros participantes.
10:30H...

Ampliar

(20-10-2014)

Os Orzamentos da Xunta para o 2015 incrementan un 17 por cento a partida para apoiar as mulleres que sofren violencia de xénero

O vicepresidente, Alfonso Rueda, inaugurou esta mañá o Curso para o Voluntariado en Violencia de Xénero, que se celebrará ata a semana que vén no CRI de Santiago.

Rueda insistiu en que para loitar contra a lacra da violencia de xénero é preciso o apoio de todo o mundo, desde as administracións públicas á cidadanía en xeral.

A Xunta continúa a apoiar os CIMs, colabora na promoción da Igualdade, fomenta a conciliación e blinda ano a ano o crédito para axudas ás mulleres maltratadas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe en Santiago o Curso para o Voluntariado en Violencia de Xénero, onde anunciou que nos...

Ampliar

(16-10-2014)

XORNADA ´A educación non formal en programas de mobilidade e voluntariado: asimilando valores, aptitudes e competencias´

A xornada pretende ser un foro de encontro para a participación e o intercambio de experiencias, poñer en valor as competencias que se derivan da participación neste tipo de actividades de educación non formal e analizar a influencia desta participación á hora de conseguir un emprego

Esta xornada terá lugar o venres 14 de novembro en Santiago de Compostela (Hotel Congreso, Montouto).

Podes inscribirte cubrindo e...

Ampliar

(03-10-2014)


XVII CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO 2014

"Transformando realidades" é o lema que presidirá o XVII Congreso Estatal de Voluntariado neste 2014 que se celebrará os días 27, 28 e 29 de novembro na Illa de Palma de Mallorca.

Dende este Congreso querese trasladar a toda a sociedade a forza que ten o voluntariado para transformar a realidade en algo moito mellor e animar a...

Ampliar

(30-09-2014)

A Xunta certifica as accións dos voluntarios galegos, a primeira Administración autonómica en poñer en marcha esta iniciativa

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe en Santiago a I Xornada de Voluntariado Xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar.

Rodeiro destacou que Galicia foi a primeira administración autonómica en certificar aos voluntarios as súas experiencias en proxectos solidarios grazas á posta en marcha do Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

A Consellería de Traballo e Benestar está a organizar hoxe no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), en Santiago, a I Xornada de Voluntariado...

Ampliar

(11-09-2014)


1ª XORNADA DE VOLUNTARIADO XUVENIL

O martes día 30 de setembro vai celebrarse en Santiago de Compostela a xornada ‘Voluntariado Xuvenil. A sesión servirá para por de relevo a diversidade de proxectos desenvolvidos neste eido e os valores de cooperación, confianza e xenerosidade comúns a todos eles.

A xornada, que será inaugurada polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, está estruturada en dúas sesión de marcado carácter...

Ampliar

(22-09-2014)

Queres ser voluntari@ na campaña “Los NOC-turnos” os días 17 e 18 de outubro?

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar abre o prazo de inscrición para os/as mozos/as interesados/as en participar como voluntarios/as na campaña “Los NOC-turnos” que se desenvolverá os días 17 e 18 de outubro de 2014 nos concellos de Vilagarcía de Arousa e Tui respectivamente.

“Los NOC-turnos” é unha campaña da Federación Española de bebidas espirituosas (FEBE) desenvolvida en diferentes cidades de España, que no caso de...

Ampliar

(13-09-2014)

ENCONTRO DE VOLUNTARIADO XUVENIL EN BAION

O pasado 9 de agosto de 2014 tivo lugar en Baión, Vilanovade Aurosa, un encontro de voluntariado xuvenil, onde se realizaron diversos obradoiros medioambientais, de recollida de aceite usado e de recomplilación de receitas tradicionais.

As persoas voluntarias asistentes tamén puideron dsisfrutar de visitas aos lugares maís emblemáticos da zona, como o espazo natural O Carreirón e o...

Ampliar

(04-09-2014)

Visita aos programas de Voluntariado Xuvenil das entidades: Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos e Club San Francisco Teo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado reuniuse cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran coa Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos e co Club San Francisco Teo para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste programa que subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar

No proxecto de voluntariado da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos que leva por título "Inclusión social: Con outros ollos”, oito voluntarios...

Ampliar

(03-09-2014)

Preto de 200 persoas de toda Galicia participan na campaña de voluntariado ambiental no monte galego

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, visitaron hoxe a última quenda do grupo de voluntarios que vixían os montes do Deza, que rematan a súa colaboración o venres.

Os voluntarios realizan diferentes actividades de vixilancia, de coidado e de sensibilización sobre a necesidade de conservar os recursos forestais.

Os grupos estiveron establecidos en Santiago norte, Santiago sur, Lalín, Curtis, Ribeira, Vilar de Barrio e Bóveda.

Ao finalizar a súa participación, os cidadáns reciben un certificado acreditativo da actividade desenvolvida, que está inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Preto de 200 voluntarios de toda Galicia están a participar entre o 30 de xuño e o 5 de setembro na campaña de voluntariado ambiental no monte...

Ampliar

(03-09-2014)

Visita ao programa de voluntariado xuvenil do concello de A Baña

Visita ao programa de voluntariado xuvenil do concello de A Baña.

No proxecto de voluntariado de dito Concello de A Baña que leva por título “VERÁN VOLUNTARIO NA BAÑA”, oito voluntarios xuvenís colaboran entre o 16...

Ampliar

(28-08-2014)

VISITA AO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO XUVENIL DA ENTIDADE FEAFES GALICIA

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado reuniuse este xoves 28 de agosto cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) ste programa que subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar.

No proxecto de voluntariado de dita Entidade que leva por título “CULTURA E OCIO PARA PERSOAS CON ENFERMEDADE MENTAL E RESPIRO FAMILIAR. 2014”, tres ...

Ampliar

(27-08-2014)


Preto de 450 voluntarios participaron este verán no programa de Voluntariado Ambiental nas Illas Atlánticas

O obxectivo principal foi o de sensibilizar e infundir coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Os participantes colaboraron na retirada dos restos que arrastran os temporais, na erradicación de especies alóctonas, en apoio as tarefas de guías e información, na adecuación de camiños, na construción de sinais indicativos, na reforestación con especies autóctonas ou na limpeza de praias e sistemas dunais.

As persoas voluntarias obteñen da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida.

Un total de 428 voluntarios participaron este ano no programa de Voluntariado Ambiental 2014 no parque nacional das Illas Atlánticas, que organizaron...

Ampliar

(25-08-2014)

VISITA AO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO XUVENIL DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado reuniuse este luns 25 de agosto cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran co Concello de Val do Dubra para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste programa que subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar.

No proxecto de voluntariado de dito Concello que leva por título “ACCIÓN VOLUNTARIADO. ACTIVIDADES XUVENIS E MEDIO AMBIENTE ”, oito voluntarios...

Ampliar

(18-08-2014)


Rodríguez Miranda visita o Castro de Portomarín, onde comparten traballo mozos da diáspora e da Galicia territorial

Esta convivencia é posible grazas á segunda modalidade do programa ‘Conecta con Galicia’, que en xullo xa trouxo a outros 170 mozos da Galicia do Exterior.

Canda o secretario xeral da Emigración, estiveron tamén presentes os subdirectores de Voluntariado e Participación, e de Emigración e Comunidades Galegas, así como o alcalde e o tenente alcalde da localidade luguesa.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o campo de traballo de Portomarín, onde comparten labores dezasete...

Ampliar

(14-08-2014)

VISITA AO PROXECTO DE VOLUNTARIADO XUVENIL DA ASOCIACIÓN ITINERA

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado reuniuse o mércores 13 de agosto cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran coa Asociación ITINERA para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste programa que subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar.

No proxecto de voluntariado da dita Asociación, que leva por título “Programa Hermes”. “creación de redes sociais e desenvolvemento de programas de...

Ampliar

(13-08-2014)


A Xunta de Galicia organiza actividades de voluntariado na illa de Sálvora co fin de lograr un turismo sustentable e a concienciación para a proteción do seu espazo natural

Estas tarefas contribúen á protección, recuperación, fomento e difusión dos valores culturais e antropolóxicos deste espazo natural.

Nos próximos meses, en colaboración co Concello de Ribeira e, con motivo da Exposición do Santa Isabel, farase unha homenaxe ás Heroínas de Sálvora; bautizaranse os hórreos cos nomes das heroínas de Sálvora: Cipriana Crujeiras, Josefa Parada, Cipriana Oujo Maneiro e María Fernández Oujo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e coa colaboración da...

Ampliar

(08-08-2014)


VOLUNTARIADO DE APOIO AO PEREGRINO EN SANTIAGO.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha un novo programa de voluntariado.

Debido á grande afluencia de peregrinos que acoden nesta época estival á Catedral de Santiago, necesítanse voluntarios para brindarlles atención e apoio.
Para iso, o voluntario debe posuír coñecementos básicos en primeiros auxilios.
Os horarios serían de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00

Durante o desenvolvemento da actividade os voluntarios/as estarán cubertos por un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Ao...

Ampliar

(07-08-2014)

Xuventude financiará con 500.000 euros preto de 140 proxectos que desenvolverán 700 mozos a través do programa Iniciativa Xove

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe en Santiago as principais características desta iniciativa galega que é pioneira a nivel nacional

O departamento autonómico leva investido nesta actuación máis de 3,1 millóns de euros, o que posibilitou o financiamento de máis de 850 proxectos promovidos por 4.200 mozos e mozas

Nesta convocatoria destacan os proxectos vinculados co emprendemento e a empregabilidade, así como os dirixidos a favorecer a integración das persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social

Mato destacou que a educación non formal é un eixo principal do novo Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, que conta cun orzamento de 340 millóns

A conselleira avanzou que a Xunta está a traballar nunha orde para o recoñecemento e homologación das competencias adquiridas a través dos programas de educación non formal

A Consellería de Traballo e Benestar financiará este ano con máis de 500.000 euros, a través do programa Iniciativa Xove, un total de 140 proxectos...

Ampliar

(06-08-2014)


Cultura e Educación e mais Traballo e Benestar poñen en marcha unha nova edición do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa’!

Esta iniciativa de promoción do galego nos campamentos de verán da Xunta de Galicia inclúe a difusión de materiais para o monitorado e actividades para os rapaces e rapazas acampados

Enmárcase na ‘Campaña de Verán’ da Consellería de Traballo e Benestar, na que participarán 8.268 mozos e mozas, un 2,7% máis que no ano anterior

No marco de ‘O galego campa!’, cinco campamentos de verán recibirán na quenda de agosto a xincana lingüística Lingua Forza 3

A Xunta de Galicia, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, veñen de pór en marcha...

Ampliar

(06-08-2014)

Unha trintena de mozos e mozas participan en Bóveda na campaña de voluntariado ambiental organizada pola Xunta de Galicia

Nas próximas semanas realizarán actividades de limpeza, de control de especies invasoras e localización e control de vertedoiros incontrolados, entre outras

O programa inclúe 1.015 xornadas de acción voluntaria nos montes galegos

Durante o mes de agosto e a primeira semana de setembro unha trintena de persoas participarán en Bóveda na campaña de voluntariado ambiental posta en...

Ampliar

(05-08-2014)


Un total de 43 mozos e mozas participan este verán nos campos de traballo de Rois e Boqueixón

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe estas dúas iniciativas e lembrou que, en total, este ano a Xunta oferta 649 prazas de campos de traballo para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos

Nos últimos anos a ‘Campaña de Verán’ de Galicia tense convertido nun referente a nivel estatal, con 8.266 prazas, un 2,7% máis que o ano pasado, e un orzamento de 2,3 millóns de euros

Mato destacou tamén que están a dar traballo a máis de 900 monitores e directores de campamentos, na súa gran maioría xente nova

Tanto as actividades de educación non formal como as de voluntariado volven a ser dous dos piares do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, posto en marcha nos últimos meses

Un total de 40 mozos e mozas están a participar nos campos de traballo de Rois e Boqueixón, entre o 1 e o 15 de agosto, organizados pola Dirección...

Ampliar

(05-08-2014)

VOLUNTARIADO DIXITAL: UN EXEMPLO DE COMO APROVEITAR AS TIC PARA A ACCIÓN SOCIAL

O pasado 25 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela unha avaliación por expertos (“peer review”) organizada pola Consellería de Traballo e Benestar. A dita avaliación centrouse no programa de voluntariado dixital da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa AMTEGA, que canaliza diversas formas de participación voluntaria co obxectivo de combater a exclusión dixital e social, ao tempo que serve como complemento a todos os esforzos das autoridades galegas para construír unha sociedade da información máis inclusiva.

Ademais do país organizador, houbo representación doutros sete países (Bélxica, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia),...

Ampliar

(04-08-2014)


VISITA AO PROXECTO DE VOLUNTARIADO XUVENIL DA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado reuniuse o venres 1 de agosto cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran coa Fundación Amigos de Galicia para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste programa que subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar.

No proxecto de voluntariado da dita Fundación, que leva por título “Meniños en igualdade”, 8 voluntarios xuvenís colaboraron entre o 1 de xuño e o 1...

Ampliar

(30-07-2014)

Preto de 200 mozos e mozas participan este verán no programa de voluntariado ambiental da Xunta

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe no monte Pedroso aos participantes desta iniciativa.

Os mozos realizan tarefas de limpeza, de control de especies invasoras e localización e control de vertedoiros incontrolados, entre outras.

Este programa estase a desenvolver en quendas de 5 días en situacións diferentes.

Na comarca de Santiago, están a tomar parte 48 voluntarios nas 8 quendas ofertadas.

Preto de 200 persoas voluntarias están a participar este verán no programa de voluntariado ambiental da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado...

Ampliar

(30-07-2014)

A biblioteca pública Ánxel Casal e o programa de Voluntariado Dixital da Xunta organizan un obradoiro de iniciación ao GIMP

O obxectivo é capacitar aos asistentes no retoque fotográfico e edición de imaxes dixitais a través do programa libre e gratuíto Gimp.

A actividade é de balde e terá lugar do 4 ao e 8 de agosto en horario de mañá.

Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos, socias da biblioteca e con coñecementos básicos de informática.

Será impartido por unha das preto de 400 persoas que colaboran como voluntarias dixitais nesta iniciativa da Amtega e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago, en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, promovido pola Axencia para a...

Ampliar

(29-07-2014)

Xuventude apoia o proxecto de 16 voluntarios que desenvolven actuacións de conciliación laboral e familiar en Boqueixón e Vedra

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes da iniciativa mancomunada de voluntariado xuvenil ‘Val do Ulla’

Trátase do único proxecto deste tipo presentado por dous concellos conxuntamente

Os voluntarios recibirán unha certificación oficial de experiencia adquirida a través deste proceso de educación non formal, segundo o establece a Lei Galega de Acción Voluntaria

A Consellería de Traballo e Benestar está a destinar este ano 440.000 euros en toda Galicia a este tipo de actuacións, un 17 por cento máis que en 2013

Un total de 16 mozos e mozas están a participar no proxecto de voluntariado ‘Val do Ulla’ que está a apoiar a Consellería de Traballo e Benestar. Os...

Ampliar

(28-07-2014)

Un total de 20 mozos e mozas participan no campo de traballo internacional de Cotobade

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe esta iniciativa de carácter medioambiental.

Hai participantes procedentes de Taiwán, Italia, Francia, e Rusia, así como de Galicia e doutras comunidades autónomas.

A Xunta ofrece un total de 649 prazas en campos de traballo en Galicia, noutras comunidades autónomas e noutros países.

Un total de 20 mozos e e mozas están a participar, desde o 20 de xullo e ata o próximo día 29, no campo de traballo internacional de Cotobade...

Ampliar

(24-07-2014)


Programa de intercambio xuvenil internacional

A Dirección Xeral de Voluntariado inicia un programa de intercambios xuvenís en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís e a Asociación de Inglaterra e Gales de albergues xuvenís.
Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozo/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.

O obxectivo principal do programa é potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas...

Ampliar

(23-07-2014)

Feijóo subliña que a Campaña de Verán de Galicia se converteu nun referente a nivel estatal acadando en 2014 preto de 8.300 prazas e un investimento de 2,3 millóns de euros

A iniciativa inclúe diversas actividades para os mozos galegos como os campos de traballo, campamentos, intercambios con outras comunidades e actividades para maiores de 18 anos, e supón unha clara aposta pola educación non formal, polo ocio educativo e pola conciliación das familias.

O presidente da Xunta sinala que este ano se ofertan 650 prazas nos campos de traballo: 400 delas en Galicia e as outras 250 repartidas entre campos de traballo noutras comunidades autónomas e noutros países.

Canto aos campamentos de verán, explica que a Xunta oferta 7.300 prazas en 2014.

Salienta o impulso ao voluntariado xuvenil, coa posta en marcha dun servizo “pioneiro en España” que permitirá que 736 mozos galegos se incorporen ao longo deste ano a proxectos solidarios en 54 concellos e 68 entidades.

Destaca que estas iniciativas redundan no traballo que vén desenvolvendo a Xunta para reforzar o apoio ás familias con fillos e cara a facilitar as condicións de vida das nais e pais galegos.

Lembra que o Plan Estratéxico da Xuventude 2014-2016, cun orzamento de 344 millóns de euros, dá resposta ás demandas e ás necesidades de case 450.000 mozos da Comunidade.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que nos últimos anos, a Campaña de Verán de Galicia, que promove a Xunta, se ten convertido...

Ampliar

(21-07-2014)


OS BOLECHAS

Cruz Vermella pon en marcha unha nova campaña sobre o acollemento familiar: Os Bolechas familia acolledora. Porque hai nenas e nenos que precisan vivir en familia. Desenvolveranse diversas accións en diferentes localidades de Galicia polas que pasará nos próximos días a caravana dos Bolechas.

Invitamosvos a disfrutar e participar!


Ampliar

(18-07-2014)

Un total de 24 voluntarios están a participar no programa de acompañamento a persoas con diversidade funcional nas Cíes

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, visitaron hoxe aos participantes nesta iniciativa que se está a desenvolver durante os meses de xullo e agosto.

As súas funcións son basicamente de acompañamento nas actividades que se fagan pola illa, fundamentalmente axuda nas rutas e nas actividades de baño con cadeira adaptada.

Ademais deste programa de apoio as persoas con diversidade funcional que visitan a illa, Ovidio Rodeiro achegouse tamén nas Cíes ata o campo de traballo de carácter medio ambiental.

En total, participan 120 voluntarios de entre 18 e 30 anos de idade de diferentes nacionalidades, xa que este campo é de carácter internacional.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, puxo en marcha por primeira vez un...

Ampliar

(16-07-2014)

A Xunta destina preto de 90.000 euros a proxectos de voluntariado xuvenil impulsados por concellos e entidades sociais que levarán a cabo un total de 182 mozos e mozas

No 55,5% dos proxectos subvencionados se desenvolverán actividades con colectivos en situación de risco de exclusión social.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá a iniciativa, no que participarán xóvenes de entre 18 e 30 anos.

Na área territorial de Vigo, os concellos de Cangas e O Porriño e 11 entidades de Vigo e O Porriño son beneficiarias deste programa con máis de 46.000 euros.

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinará este ano preto de 90.000 euros ao desenvolvemento de proxectos...

Ampliar

(15-07-2014)


A provincia de Lugo acolle o único e primeiro campamento con actividades en inglés da campaña de verán da Xunta

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe esta experiencia piloto, que se está a desenvolver no concello de Carballedo e na que están a participar 50 mozos e mozas.

En total, a provincia de Lugo oferta un total de 1.875 prazas na campaña de verán.

Rodeiro desprazouse tamén a Quiroga, onde coñeceu o proxecto de voluntariado de 8 mozos e mozas, enfocado a actividades formativas e lúdicas para nenos e nenas.

Grazas ao programa de voluntariado xuvenil da Xunta, un total de 69 mozos e mozas incorporaranse a diversos proxectos solidarios na provincia de Lugo.

A campaña de verán da Xunta de Galicia oferta por primeira vez un campamento con actividades en inglés, co obxectivo de mellorar as competencias...

Ampliar

(14-07-2014)

A Xunta subvenciona 16 proxectos de voluntariado que levarán a cabo 69 mozas e mozos lucenses durante un máximo de dous meses

As actividades con colectivos en situación de risco supoñen o 56% destas iniciativas promovidas pola Consellería de Traballo e Benestar.

A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona a 16 concellos e entidades da provincia para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado que...

Ampliar

(14-07-2014)

A Xunta destina 175.000 euros a proxectos de voluntariado xuvenil impulsados desde os concellos e as entidades sociais da provincia da Coruña

O 43% das actividades subvencionadas están vinculadas a colectivos en situación de risco de exclusión social.

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, presentou esta mañá o programa, no que participarán 235 mozas e mozos coruñeses de entre 18 e 30 anos.

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, destinará este ano na provincia da Coruña preto de 175.000 euros ao desenvolvemento de...

Ampliar

(11-07-2014)

Máis de 1.200 mozos e mozas participarán este verán nas actividades da campaña de verán de Xuventude na Mariña

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe en Viveiro aos participantes do campamento do albergue de Area.

Na primeira quenda de Area están a tomar parte 100 mozos e mozas que están a desenvolver actividades relacionadas co mar, como vela ou windsurf.

O campamento da Devesa, en Ribadeo, está a acoller a 174 mozos e mozas que participan nun programa de multiaventura.

Doutro lado, Rodeiro mantivo hoxe en Xove unha xuntanza cos responsables e participantes do proxecto de voluntariado xuvenil deste Concello.

O director xeral de Xuventude mantivo unha xuntanza cos participantes do proxecto de voluntariado xuvenil do Concello de Xove. O programa de...

Ampliar

(10-07-2014)


Un total de 182 mozos e mozas participarán este verán no programa de voluntariado xuvenil na provincia de Pontevedra

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuniuse cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran co concello de Barro para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste programa

No proxecto de voluntariado, que leva por título “O circo das ideas”, participarán 6 voluntarios xuvenís en diferentes actividades organizadas en obradoiros relacionadas co mundo do circo destinadas a rapaces de 4 a 14 anos

O investimento do programa de voluntariado xuvenil ascende ata os preto de 25.000 euros nas comarcas de Pontevedra e O Salnés, cun total de 55 persoas voluntarias que realizarán 2.629 xornadas de voluntariado xuvenil

O programa de Voluntariado Xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar permite este ano que un total de 182 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos,...

Ampliar

(10-07-2014)

Máis de 150 persoas participaron no Plan de formacion de voluntariado dixital que remata esta semana co módulo 'Coaching para a transformación social'

Hoxe e mañá celébranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia as últimas dúas xornadas do programa que poden seguirse a través do Twitter co hashtag #innovacionDIX.

E tamén a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de A Coruña, Sada, Ortigueira, Fisterra, Barreiros, O Vicedo, Ourense, Verín, Leiro, Celanova, Pontevedra, Valga, A Cañiza e Poio.

Esta semana chega ao seu fin o Plan de Formación VolDIX 2014 “Innovación e Transformación Dixital 2.0”, no que este ano xa levan participado máis de...

Ampliar

(07-07-2014)


SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL

O director xeral de Xuventude e Voluntariado reuniuse cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran coa Asociación de Axuda ao Toxicómano de Ourense para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste programa que permite este ano que un total de 158 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, se incorporen como voluntarios aos proxectos solidarios de 15 concellos e 9 entidades de acción voluntaria da provincia de Ourense.

En total, estes voluntarios executarán un total de 7.689 xornadas de acción voluntaria nas que impartirán aos usuarios da entidade talleres de...

Ampliar

(04-07-2014)

Un grupo de voluntarios acompañará a persoas con diversidade funcional para que poidan descubrir o contorno das Illas Cíes

Nesta iniciativa participarán 24 persoas voluntarias repartidas en quendas semanais durante os meses de xullo e agosto.

As funcións dos voluntarios serán basicamente de acompañamento nas actividades que se fagan pola illa, fundamentalmente axuda nas rutas e nas actividades de baño con cadeira adaptada.

Ao finalizar a súa participación neste programa, obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pon en marcha por primeira vez un...

Ampliar

(30-06-2014)

Voluntariado galego co 'Proxecto Ríos'

En 2004 nace o Proxecto Ríos en Galiza, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental.

A finalidade é a de coñecer o papel fundamental dos ríos, e as problemáticas ambientais a eles asociadas, así como aportar prácticas e comportamentos...

Ampliar

(26-06-2014)

VOLUNTARIADO PARA APOIO E ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NAS ILLAS CÍES

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por primeira vez un programa de voluntariado para apoio e acompañamento a persoas con diversidade funcional no entorno das Illas Cíes.

Durante os meses de xullo e agosto un grupo formado por tres voluntarios terán a oportunidade de participar,de mércores a mércores, apoiando e...

Ampliar

(25-06-2014)


Máis de 200 voluntarios participarán este verán na campaña de voluntariado ambiental contra incendios forestais

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, presentaron esta iniciativa nunha rolda de prensa en Santiago.

Os grupos estarán situados en Santiago norte, Santiago sur, Lalín, Curtis, Ribeira, Vilar de Barrio e Bóveda dende o 30 de xuño ata o 5 de setembro.

En total, neste programa desenvolveranse 1.015 xornadas de acción voluntaria para a prevención de defensa dos montes contra os incendios forestais

Os voluntarios recibirán unha formación inicial e participarán en actividades de vixilancia ambiental, de control de especies invasoras que poden aumentar o risco de incendio e de limpeza de devasas

Máis de 200 voluntarios de toda Galicia participarán este verán na campaña de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios...

Ampliar

(25-06-2014)


As “estratexias de comunicación 2.0” centran o segundo módulo do Plan formativo de voluntariado dixital 2014

Son dúas xornadas que se celebran o 26 e o 27 de xuño

A participación é de balde e as inscricións realízanse a través da web www.voluntariadogalego.org

Poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #innovacionDIX e por videoconferencia nas aulas CeMIT

O Plan de Formación 2014 do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra os días 26 e 27 o seu segundo módulo, centrado nas “Estratexias de...

Ampliar

(25-06-2014)


VOLUNTARIADO AMBIENTAL PARA A PREVENVIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS 2014

Un ano máis a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora coa Secretaría Xeral de Medio Rural e de Montes para poñer en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais.

O programa nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes, criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información...

Ampliar

(20-06-2014)


XXVI Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está presente no XXVI Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía, ofrecendo información aos asistentes de todos os programas nos que poden paticipar.

Ampliar

(09-06-2014)


VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS - SÁLVORA E CORTEGADA 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha un ano máis o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase nas Illas de Sálvora e Cortegada co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos...

Ampliar

(15-06-2014)


O programa de voluntariado dixital da Xunta pon en marcha o seu plan de formación 2014 “Innovación e transformación dixital 2.0”

Desenvolverase do 19 de xuño ao 11 de xullo, é de balde e consta de catro módulos que se poderán cursar de maneira independente

O primeiro módulo estará centrado nas ferramentas 2.0 orientadas á procura de emprego dende a perspectiva do demandante e do seleccionador

A inscricións realizaranse a través da web www.voluntariadogalego.org

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de...

Ampliar

(09-06-2014)

Aberto o prazo de inscrición para participar no programa de voluntariado ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Máis de 330 voluntarios participan este ano neste programa que organizan as direccións xerais de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, e de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O obxectivo principal é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Entre outros traballos, poden colaborar na retirada dos restos que arrastran os temporais, na erradicación de especies alóctonas, en apoio as tarefas de guías e información ou na adecuación de camiños.

Máis de 330 voluntarios participan este ano no programa de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas, en Sálvora e Cortegada,...

Ampliar

(24-05-2014)

Mato gaba o labor do voluntariado galego que na actualidade supera as 36.000 persoas

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe a entrega de medallas e diplomas na homenaxe que Cruz Vermella brindou en Santiago aos voluntarios e voluntarias galegos.

A titular de Benestar asegurou que estas persoas son “un exemplo de solidariedade e de entrega polos demais”.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, puxo hoxe en valor o labor que desenvolven os voluntarios e voluntarias galegos no XVII Encontro...

Ampliar

(08-05-2014)

Máis de 330 voluntarios están a participar este ano no programa da Xunta de voluntariado ambiental nas Illas Atlánticas

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro; e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, entregaron os diplomas aos membros da Asociación Amicos que participaron na experiencia.

As actividades realizadas polos voluntarios están establecidas e coordinadas polos técnicos do propio parque e centráronse especialmente na colaboración en tarefas de oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade.

Para o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, permite “canalizar a través do voluntariado a participación activa dos cidadáns no coñecemento e conservación do noso medio ambiente natural”.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado,Ovidio Rodeiro; e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado; entregaron os...

Ampliar

(08-05-2014)

Convocatoria do curso de preparación para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Dentro do programa de actividades formativas que a Amtega ten previsto realizar no ano 2014 a través da rede CeMIT, e de acordo coas actuacións e obxectivos do Plan de inclusión dixital de Galicia, anúnciase a convocatoria dun curso de preparación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática para responsables de aulas CeMIT e persoal de entidades colaboradoras e de acción voluntaria que realicen actividades de alfabetización dixital.

A quen vai dirixido?: a responsables de aulas CeMIT e persoal de entidades colaboradoras e de acción voluntaria que teñan asinado...

Ampliar

(02-05-2014)

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA O ACOMPAÑAMENTO HOSPITALARIO A MENORES

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión, poñen en marcha un novo programa de acompañamento hospitalario a menores baixo a garda ou tutela da Xunta de Galicia.

Obxecto: acompañamento hospitalario a menores que estean baixo a garda ou tutela da Xunta de Galicia. Esta función non implica a...

Ampliar

(28-04-2014)

REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

Dentro do programa "Rede de Centros Escolares Solidarios" a semana pasada leváronse a cabo diversos obradoiros de voluntariado en acción en distintos centros adheridos ao programa.

O 24 abril levouse a cabo un obradoiro de voluntariado en acción no CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN en...

Ampliar

(15-04-2014)

O DOG publica a orde de Iniciativa Xove dotada con máis de 500.000 euros e que financiará os proxectos liderados pola mocidade

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou o Espazo Xove de Noia, onde explicou os principais aspectos desta convocatoria.

Iniciativa Xove subvencionará as propostas que elaboren os propios mozos e mozas, cun orzamento máximo de 4.000 euros para cada unha delas.

Poderán presentarse tanto asociacións xuvenís, como grupos informais que decidan unirse para emprender unha iniciativa.

Terán prioridade os proxectos baseados en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria para este ano da orde de axudas “Iniciativa Xove”, un programa dotado con máis de 500.000...

Ampliar

(04-04-2014)


Benestar apoia o uso das novas tecnoloxías para mellorar a calidade de vida das persoas maiores

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago a primeira edición da xornada Ticsenior.

Mato apuntou que as TIC ofrecen múltiples vantaxes no eido da autonomía persoal e son un dos piares sobre os que se asenta a Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia.

A titular de Benestar apuntou que o feito de que os maiores participen en actividades de voluntariado permite mellorar a súa vida comunitaria e a súa calidade de vida con melloras na saúde física, na mental e na autopercepción da saúde.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe as vantaxes que as novas tecnoloxías poden proporcionar ás persoas maiores, na...

Ampliar

(04-04-2014)


Santiago acolle a xornada ‘Ticsenior 2014’ para acercar as novas tecnoloxías ás persoas maiores

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, mantivo unha xuntanza con Catalina Hoffmann, referente profesional no sector da Terceira Idade, que participará na iniciativa coa que colabora a Consellería de Traballo e Benestar.

Na xuntanza, Piñeiro e Hoffmann intercambiaron experiencias e actuacións no eido da prevención da dependencia e promoción do envellecemento activo.

Piñeiro fixo especial fincapé na ‘Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia, horizonte 2020’.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago acolle hoxe a xornada ‘Ticsenior 2014’ coa que colabora a Consellería de Traballo e...

Ampliar

(03-04-2014)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en funcionamento o novo Consello Galego de Acción Voluntaria que outorga máis peso ás entidades

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que regula á modificación deste organismo que, segundo a Lei de acción voluntaria de 2011, ten entre as súas funcións a coordinación e o asesoramento nesta materia

O número de asociacións de acción voluntaria medrou un 15 por cento nos últimos anos, ata superar as 860

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que regula o novo Consello Galego de Acción Voluntaria que outorga máis peso ás entidades. A...

Ampliar

(02-04-2014)

SE TI PODES...POR QUE NON?

Dentro do programa "Rede de Centros Escolares Solidarios" levouse a cabo onte un Obradoiro no CPI Virxe da Cela de Monfero.

Preme aquí para ler máis

Ampliar

(25-03-2014)


Máis de 330 voluntarios participan este ano no programa da Xunta de voluntariado ambiental nas Illas Atlánticas

As actividades a realizar polos voluntarios están establecidas e coordinadas polos técnicos do propio parque e centraranse especialmente na colaboración en tarefas de oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade.

A iniciativa permite canalizar a través do voluntariado a participación activa dos cidadáns no coñecemento e conservación do noso medio ambiente natural.

Máis de 330 voluntarios participarán este ano no programa de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas, que organizan as...

Ampliar

(25-03-2014)


Máis de 4.300 persoas beneficiáronse das actuacións do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta en dous anos

Esta iniciativa foi elixida como exemplo de inclusión social a través das TIC a nivel europeo e está a ser analizada nun seminario de avaliación por pares da Comisión Europea que se celebra en Santiago.

A directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, clausuraron a primeira das xornadas de traballo.

Expuxéronse 5 das experiencias desenvolvidas no programa destinadas a integración de reclusos, ao envellecemento activo, a persoas con discapacidade, á educación nas TIC para pais e nais e á inclusión social con Cruz Vermella.

O labor de máis de 340 voluntarios dixitais e das 78 entidades adscritas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta conseguiu achegar os beneficios...

Ampliar

(25-03-2014)

Expertos da Comisión Europea analizan en Santiago o programa de voluntariado dixital da Xunta como exemplo de inclusión social a través das TIC

Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a aprendizaxe mutua entre países a través da difusión de boas prácticas.

O evento conta coa participación de representantes de 10 entidades de 7 países europeos: Bélxica, República Checa, Polonia, Romanía, Suecia, Reino Unido e Portugal.

Durante a xornada presentaranse 5 experiencias de boas prácticas de inclusión dixital en Galicia desenvolvidas dentro do programa.

O Programa de Voluntariado Dixital, promovido pola Amtega e a Consellería de Traballo, conta con 400 entidades e voluntarios adscritos.

Hoxe o Programa Voluntariado Dixital, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de...

Ampliar

(20-03-2014)

Publicada no DOG a orde pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria

No día de hoxe publicouse a ORDE do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Esta disposición ten por obxecto regular a organización e o procedemento de inscrición e baixa no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia en desenvolvemento da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria

A presente normativa entra en vigor o 1 de abril de 2014

Ampliar

(20-03-2014)


Os programas de participación xuvenil de Benestar executaron máis de 1.700 proxectos para a mocidade entre 2010 e 2013

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, acompañado da directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz; e da delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch; analizou o balance do Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013.

No encontro tamén avaliaron os diferentes programas que constituirán a base da programación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Ampliar

(17-03-2014)


Rede de Centros Escolares Solidarios - Xornada Construíndo Redes

A pasada fin de semana do 15 e 16 de marzo xuntáronse no Albergue Xuvenil Lug II de Lugo 17 mozos e mozas, de idades comprendidas entre os 12 e 17 anos, procedentes dos nove dos centros de ensino que forman parte da Rede de Centros Escolares Solidarios

Durante a xornada de convivencia os rapaces e rapazas participantes elaboraron ata 5 propostas de logo que servirán para identificar a Rede de...

Ampliar

(10-03-2014)


Publicada no DOG a orde de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil 2014

ORDE do 26 de febreiro de 2014 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

No día de hoxe publicouse no DOGA a ORDE do 26 de febreiro de 2014 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de...

Ampliar

(20-02-2014)

Galicia contou con máis de 100 programas de voluntariado europeo entre 2007 e 2013 no marco do ‘Xuventude en acción’

O responsable de Xuventude reuniuse hoxe coas entidades galegas acreditadas ante a Axencia Nacional Española que participan de xeito habitual nas distintas convocatorias do SVE.

Erasmus+ é o novo programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte, con vixencia 2014 – 2020, que substitúe ao ‘Xuventude en Acción’.

Ao abeiro do novo programa, poden participar nos proxectos non só de entidades sen ánimo de lucro e organismos públicos locais, senón tamén os organismos públicos rexionais e nacionais e as empresas con responsabilidade social cooperativa.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, indicou que durante o período 2007 – 2013, no marco do programa ‘Xuventude en Acción’,...

Ampliar

(18-02-2014)


NOVO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE CORTEGADA

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha este inverno un novo programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase na Illa de Cortegada e nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos...

Ampliar

(12-02-2014)


Galicia conta xa con 815 entidades e máis de 36.000 persoas inscritas no rexistro de acción voluntaria da comunidade



O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, ofreceu hoxe estes datos no acto de presentación en Galicia da campaña ‘A Guerra non é un xogo’ de Cruz Vermella

Rodeiro indicou que máis dun 74% dos preto de 2.000 voluntarios inscritos o ano pasado nos programas executados ou subvencionados directamente pola Dirección Xeral foron persoas menores de 30 anos

Ovidio Rodeiro destacou o alto grao de implicación dos galegos e das galegas e dixo que “o voluntariado é un dos mellores instrumentos que serven para tomar a temperatura dunha sociedade”

Nos últimos tres anos constituíronse en Galicia un total de 90 novas entidades de acción voluntaria, que aportaron outros 500 voluntarios ao rexistro...

Ampliar

(05-02-2014)

Programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas de entre 18 e 35 anos.

Con este programa preténdese fomentar a participación e solidariedade da poboación xuvenil entre iguais, adquirir unha formación non formal no ámbito...

Ampliar

(30-01-2014)

Plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon á vosa disposición, un ano máis, o PLan de Formación de Voluntariado para este ano.

Descárgao aquí

Ampliar

(17-01-2014)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ultima o novo rexistro que permitirá certificar e acreditar a experiencia das persoas voluntarias

O Consello da Xunta avaliou hoxe o proxecto de orde polo que se crea esta ferramenta, que agora pasará a incorporar unha sección destinada exclusivamente a certificar e acreditar a experiencia.

 O Goberno galego coñeceu tamén o borrador de decreto que regula o Consello Galego de Acción Voluntaria, no cal se recolle unha maior representación das entidades que traballan neste eido.

  O número de asociacións de acción voluntaria medrou un 15 por cento nos últimos anos, ata superar as 860.

 Actualmente en Galicia hai inscritos máis de 36.400 voluntarios.

A Consellería de Traballo e Benestar está a ultimar o novo Rexistro de Acción Voluntaria
de Galicia, que substitúe o anterior, co fin de...

Ampliar

(16-01-2014)


Un total de 63 mozos difunden información xuvenil entre estudantes de 12 institutos de Santiago a través dun programa de Xuventude

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza cos participantes da iniciativa ‘Correspondentes Xuvenís 3.0’.

Os correspondentes están a informar sobre temas de interese xeral para a mocidade, como becas e axudas ou ofertas de traballo, ao tempo que difundirán información do propio centro, como certames ou viaxes.

Ao remate do curso, os mozos recibirán un certificado que os acreditará como voluntarios xuvenís e se lles entregará o carné Xove que expide Xuventude.

Os IES de Santiago que toman parte deste programa son os de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Politécnico de Conxo, Sar, San Clemente, Pontepedriña, La Salle, Antón Fraguas, Mestre Mateo e Fontiñas.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vén de poñer en marcha unha nova iniciativa para...

Ampliar

(08-01-2014)

A Consellería de Traballo publica a resolución de subvencións enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil concedidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais

Publícase a resolución do 17 de decembro de 2013 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas no ano 2013 a entidades de acción voluntaria e a entidades locais, ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as subvencións enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

Beneficiarias: entidades de acción voluntaria e entidades locais.

Aplicación orzamentaria: As...

Ampliar

(12-12-2013)

Un total de 90 persoas reclusas participan nun programa de Xuventude para a reinserción a través da acción voluntaria

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe nas III xornadas ‘O Voluntariado, unha alternativa ao delito’, organizadas por APES en Ourense

Rodeiro destacou a formación en voluntariado de persoas reclusas nos cinco cursos impartidos nos centros penitenciarios de Teixeiro, Monterroso, e Pereiro de Aguiar, así como nos Centros de Inserción Social (CIS) da Coruña e Vigo, que se enmarcaron dentro do Plan de Formación 2013 que desenvolve a Dirección Xeral

O responsable de Xuventude sinalou tamén que con esta colaboración estase a dar cumprimento ao establecido no Plan Galego de Acción Voluntaria 2011-2014 consensuado con mais de 800 entidades de Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES) desenvolven o programa ‘Voluntariado desde...

Ampliar

(05-12-2013)


DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO 2013

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado súmase á conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO 2013.

Dende esta Dirección Xeral queremos felicitarvos a todas e todos os voluntarios e voluntarias que na nosa comunidade autónoma desenvolvedes...

Ampliar

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds