Queres coñecer mellor a realidade da discapacidade intelectual? Gustaríache saber que é a accesibilidade cognitiva ou a desinstitucionalización?
Podes facelo de forma gratuíta, grazas á Plataforma de Formación dirixida a Axentes Públicos e Comunitarios que pon a túa disposición o movemento asociativo de Plena inclusión. Esta oferta formativa xorde no marco do Proxecto Transformación Dixital para a Inclusión, unha iniciativa apoiada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiada polo Fondo Europeo de Recuperación, Transformación e Resiliencia.