15 SEMINARIO SOBRE DISCAPACIDADE INTELECTURAL E SAÚDE MENTAL (FADEMGA)

O noso "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental" retoma por fin a normalidade, polo que volveremos a vernos de xeito presencial!

O vindeiro 26 de novembro a Facultade de Psicoloxía da USC en Santiago de Compostela acollerá a 15 edición deste clásico da Federación, que nesta ocasión contará cun relatorio sobre o impacto da Covid-19 no benestar emocional das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a cargo de Mercedes Domínguez Fernández (Enfermeira da Unidade de coordinación e apoio asistencial a residencias da área sanitaria A Coruña e Cee e especialista en enfermería familiar e comunitaria) así como co relatorio sobre desenvolvemento de contornas sociais competentes, a cargo de Jose Alfonso Muñoz de la Fuente (Psicólogo do Equipo Iridia, consultores en discapacidade). 

Igualmente, acompañaranos nesta xornada o Doutor Ánxel Carracedo, Catedrático da Facultade de Medicina da USC, que nos falará sobre o proxecto DISECMAS, de investigación biomédica sobre as bases xenéticas da discapacidade intelectual, despois da primeira achega que se realizou o pasado mes de outubro para as familias participantes en dito proxecto, e que podedes volver a ver neste enlace:https://youtu.be/mxE7a1zsn7k

O prazo para realizar a vosa inscrición no Seminario 2021 estará aberto ata o vindeiro 19 de novembro.

Podedes atopar a folla de inscrición e programa da xornada nos arquivos laterais.