PROGRAMA DE VACACIÓNS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Do
ao

Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, coa finalidade de promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias mediante o ocio, tempo libre, cultura, deporte e promoción do voluntariado.

O PROGRAMA DE VACACIONS DE VERÁN 2021:

As quendas deste programa están dirixidas o disfrute de ocio e tempo libre das persoas con discapacidade intelectual de Galicia.

¿Queres colaborar?

Podes axudar a mellora da calidade de vida no ocio das persoas con discapacidade intelectual, aportando as túas ideas e desenvolvendo os teus coñecementos, o mesmo tempo que todos desfrutamos de actividades de ocio e tempo libre en entornos normalizados.

Este programa pretende ofertar alternativas de actividades para que elixan os participantes interactuando co entorno, monitores de apoio, voluntarios…contribuíndo a facilitar a autonomía, autodeterminación e relacións interpersoais do grupo participante.

¿Ónde? ¿Cándo? E….¿Cantas prazas para voluntarios se ofertan?

 

INSTALACION

DATA

Nº PRAZAS

RESIDENCIA AFUNDACION, AVDA. DE VIGO, 21- PONTEVEDRA

 

DO 14 Ó 21 DE XULLO

1

RESIDENCIA AFUNDACION, AVDA. DE VIGO, 21- PONTEVEDRA

 

DO 23 Ó 30 DE XULLO

1

RESIDENCIA AFUNDACION, AVDA. DE VIGO, 21- PONTEVEDRA

DO 10 Ó 17 DE AGOSTO

1

COLEGIO SANTIAGO APOSTOL, A MARQUESIÑA, 33- SOUTOMAIOR- PONTEVEDRA

DO 1 Ó 8 DE AGOSTO

1

COLEGIO SANTIAGO APOSTOL, A MARQUESIÑA, 33- SOUTOMAIOR- PONTEVEDRA

DO 19 Ó 26 DE AGOSTO

1

Total prazas

 

5

A figura do voluntariado constitúe un elemento imprescindible en calquera das actividades organizadas por Special Olympics Galicia, pero sen dúbida nas Vacacións de Verán adquire unha maior transcendencia, porque grazas ó seu aporte e solidariedade, fan posible a inclusión social e axudan a facer visibles as capacidades das persoas.

PERFÍL:

  • Maior de 18 anos.
  • Con carné de Conducir B.
  • Empático/a, Saber colaborar en equipo, persoas positivas, proactivas, respectuosas e comprometidas.
  • INFORMACION PARA OS VOLUNTARIOS VACACIÓNS DE VERÁN 2021

    FUNCIÓNS DO VOLUNTARIO:

  • Interactuarán conxuntamente coas persoas con discapacidade intelectual e monitores.
  • Apoiarán ó responsable do grupo acompañando durante as actividades.
  • Proporán actividades e dinamizarán o grupo.
  • Responderán as necesidades do grupo que acompañen na medida do posible e có apoio e asesoramento do responsable.
  • Coñecerán e aplicarán as normas establecidas para o mellor funcionamento do programa.
  • OBXECTIVOS:

    - ofertar ó voluntario a posibilidade de colaborar na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.

    - conseguir unha interrelación e adaptación entre o grupo; participante, monitor, voluntario e  coordinador.

    - que o voluntario e os participantes desfruten do ocio en ambientes comunitarios normalizados.

    - que o voluntario poida apoiar ós participantes en actividades elixidas libremente polas persoas con discapacidade intelectual, axudando a mellorar a súa autonomía.

    - potenciar a utilización dos recursos comunitarios que contribúen á normalización e a inclusión social.

    -Buscar alternativas de ocio entre o persoal de coordinación e voluntariado para disfrutar coas persoas con discapacidade intelectual.

 

 

 

INSTALACIÓNS:

  • RESIDENCIA AFUNDACION, AVDA. DE VIGO, 21- PONTEVEDRA
  • COLEGIO SANTIAGO APOSTOL, A MARQUESIÑA, 33- SOUTOMAIOR- PONTEVEDRA

 

 

Web e o correo para contactar:

www.specialolympicsgalicia.org

 

asociacion@specialolympicsgalicia.org