"Programa de voluntariado de curta duración " Towards a Regenerative Culture"
A Asociación Sustinea abre a convocatoria do programa de voluntariado "Towards a Regenerative Culture" que se desenvolve durante un mes e medio e no que 8 mozos e mozas de Europa convivirán co-creando unha comunidade sostible e participando en actividades rexenerativas da paisaxe e a vida rural, intercambiando experiencias, coñecementos e prácticas sobre sostibilidade e cambio social.
Terá lugar en Ordelles, unha pequena aldea en Ourense (Galicia, España) do 17 setembro ao 17 de outubro, con 5 días antes e 5 días despois de formación en liña.
O aloxamento, os gastos de viaxe, os seguros, a comida e a mentoría están totalmente cubertos.
Para máis información, consulta o infopack do proxecto premendo na seguinte ligazón https://drive.google.com/.../1PdZiQVgC1jpY4FKnAPY20W.../view
Para poder participar é necesario que te rexistres na plataforma do Corpo de Solidariedade Europeo:
https://europa.eu/youth/solidarity/young-gente/voluntariado_es
Formulario de inscrición: https://forms.gle/G1ddxD7LCLyf6n6aA.