XIX Xornadas Profesionais Alzheimer

Aasociación AFAGA celebra as  XIX Xornadas Profesionais "Alzheimer, un reto compartido", que este ano terán lugar o 26 de novembro na sede da Fundación Barrié en Vigo.

Nesta edición o  obxectivo da asociación  é continuar xerando un espazo de encontro e formación especializada, onde os profesionais sanitarios e sociosanitarios reflexionen sobre a situación actual e os retos futuros no ámbito de envellecemento e a atención ás demencias. 

Data e horario da actividade: 26 de novembro de 2022 / De 08:30 - 15:00h.

Lugar: Fundación Barrié (R/ Policarpo Sanz, 31 – 36202 Vigo).