Xa está aberta na plataforma de teleformación de www.voluntariadogalego.org a inscrición a un novo curso do Plan de Formación de Voluntariado 2019:

** Curso en liña: A ACCIÓN VOLUNTARIA E AS POSIBLES AREAS DE INTERVENCIÓN DAS PERSOAS VOLUNTARIAS: XUVENTUDE 2019

A matricula estará aberta dende o 12 ao 19 de novembro.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
MÓDULO 1: Marco de referencia. Aproximación xeral.
1.1 As accións de voluntariado: que son, onde se poden levar a cabo, como e para que?; Marco legal e manexo da normativa vixente.
1.2 A persoa voluntaria: definición de perfiles, motivacións e intereses das persoas voluntarias. Dereitos e deberes das persoas voluntarias. Definición de roles. Funcións e responsabilidades. Valores e actitudes.
1.3 As entidades de acción voluntaria: que son, como se relacionan as entidades e as persoas voluntarias, identificación de necesidades obxecto de intervención dentro dun proxecto de acción voluntaria, quenes poden ser as persoas destinatarias da acción voluntaria e perfiles.

MODULO2: A intervención: desde o individual ata o colectivo.
2.1. Definir a intervención en función das necesidades.
2.2. Voluntariado, intervención social e xuventude.
2.3. A acción individual e a acción colectiva nas accións voluntarias.
2.4. A xuventude: definición, perfiles, necesidades e intereses.

MÓDULO 3: Os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a acción voluntaria.
3.1. Tipoloxía de programas.
3.2. O rexistro de Acción Voluntaria. O Recoñecemento de experiencias.
3.3. Experiencias de voluntariado: desde o local ao internacional.
3.4. Recursos públicos e privados: axudas, subvencións.

MÓDULO 4: Aproximación xeral ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
4.1. Eixes de acción e medidas concretas.
Eixe 1: Ruptura do silencio: sensibilización e prevención.
Medida 19: Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das comunidades autónomas e Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo...

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 12 ao 19 de novembro

Data prevista de realización: do 20 de novembro ao 20 de decembro

Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas que xa sexan alumnos da plataforma deben premer na seguinte ligazón.

Todos aqueles que se matriculen por primeira vez na plataforma de teleformación deben premer nesta ligazón.