Primavera XoveDesde a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado continuamos co programa Primavera Xove e os encontros nos campus universitarios no marco desta iniciativa. Este mércores 9 de xuño temos a seguinte programación: 

- A Coruña: Medio ambiente e sustentabilidade, cos responsables de Orballo, Sustinea, Panadería Desing e We Sustainability. Ás 18.30 horas na sede da Fundación Once. 

Santiago de Compostela: Ciencia na vida cotiá, con Jorge Mira e Pablo e Íñigo de Tastelab. Ás 18.30 horas na Facultade de Dereito. 

Ourense: Voluntariado e acción social, coas asociacións Amencer, Valoresc Innovation e Afaor. Ás 19.00 horas na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. 

Vigo: Educación emocional, con Aixa Permuy e Noa Tilve, do Quérote+. Ás 18.00 horas no Museo do Mar. 

 

 Podes cursar a inscrición como público nestes encontros premendo neste enlace.