Actividade
O Grupo Compostela de Universidades busca constituír un grupo de catro voluntarios para atender necesidades de interese social vencelladas ao Camiño de Santiago.

Os voluntarios realizarán as tarefas de benvida, acompañamento e dinamización das actividades de programación mensual do GCU nas devanditas universidades, tales como: rexistro e control de participantes das actividades, punto de información para participantes, acompañamento e dinamización de actividades culturais (realización do Camiño de Santiago, visitas guiadas e excursións ao patrimonio de Galicia), acompañamento de participantes en actividades académicas (conferencias, sesións e debates), dinamización e guía local para os participantes, toma de fotografías dos actos, interactuación social e transferencia de experiencias e do coñecemento cos participantes e sociedade do entorno.

A selección será feita polo comité de dirección do proxecto do Grupo Compostela de Universidades e será necesario o envío de unha carta de motivación e o currículum vítae ao seguinte enderezo electrónico: grupo.compostela@usc.es
Asociación
Data Límite Inscricións
Data Inicio Actividade
Data Fin Actividade
Tipo de voluntariado
Vol. cívico
Grupo de poboación coa que se colabora
Adulta
Data de alta
Data de baixa
Activo
Activo