FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES PROTECTORAS DE ANIMALES Y PLANTAS, FEGAPRO

Representante legal: Mª LUISA CARIDE RODRÍGUEZ
C.I.F: G36811008
Coordinador técnico: Mª LUISA CARIDE RODRÍGUEZ

CONTACTO

Enderezo:
R/ POETA PONDAL, Nº 14
36204 - VIGO - PONTEVEDRA
Teléfono: 986-413207 Móbil: 651020483
Fax:
Email: info@colectivoanimal.com
Nº de voluntarios: 37

INFORMACIÓN

Quen somos:

Moitas das asociacións da federación,foron integrándose na "Asociación Protectora de animais sen fronteiras", polo que só quedan tres asociacións dentro da Federación. A "Asociación Protectora de Animais sen froteiras", fundouse en 1992.En Xaneiro do 2000, foi inscrita, aos efectos do artigo 22 da Constitución, no rexistro central da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia con número 333/00 sección 1ª do 5 de Xaneiro do 2000. Os fins fundamentais da asociación son: -Manter un refuxio para animais abandoados onde se encontren en perfecto amparo e se lles procuren as condicións de alimentación e hixiene axeitadas. -Fomentar todos aqueles actos que tendan a desenrrolar nas persoas sentimentos de agarimo e protección hacia os animais. -Denunciar ante os órganos competentes na materia, aqueles feitos reprobables contra os animais, así coma as infraccións ás leis vixentes sobre a protección dos mismos. Dentro do dereito e logro dun mundo cada vez mellor para as persoas, queremos que tamén se contemple un mundo mellor para os animais. Sabemos que son moitas as persoas amantes dos animais, pero que non pasan de ésta mera predisposición, de querer á súa mascota. Queremos conseguir que concreticen ese agarimo axudando en todo o que poidan ós millares de animais abandoados e maltratados, e colaborando cada un a súa maneira para conseguir remedios eficaces,mentalización colectiva e leis cos protexan axeitadamente. A asociación en cifras: -Recolléronse ó redor de 3.600 animais (un 85% de cans). -Conseguiuse dar en adopción uns 1.440. -A supervivencia foi dun 80%. -Esterilizáronse un 80% dos animais. Hai que destacar como factor diferencial, que nos refuxios xestionados, xamais se sacrifican os animais acollidos. Únicamente recúrrese á eutanasia, naqueles casos de enfermidade ou feridas irrecuperabels que implican un sufrimento engadido ó animal.

A quen vai dirixida:

A asociación, xunto coa Federación, vai dirixida a toda aquelas persoas amantes dos animais e que queiran contribuir a un mundo mellor para eles, xa que forman parte tamén del e das nosas vidas.

Quen pode colaborar:

Poden colaborar todas as persoas que queiran, e tamén empresas que queiran contribuir económicamente no sustento dos animais e dos refuxios.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Educación e voluntariado