PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO NOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE DE GALICIA

O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade é un proxecto de humanización que consiste na realización por persoas voluntarias de actividades de acompañamento, apoio e información ás persoas usuarias e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde, sempre en coordinación coas diferentes xerencias das áreas sanitarias, prestarán apoio ás persoas que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público e poderanas acompañar en actividades lúdicas, de apoio ou accesibilidade que desenvolva cada centro.

Este programa está implantado inicialmente en dúas das sete áreas sanitarias de Galicia: a de Lugo e a de Ourense, posto que xa teñen proxectos específicos para desenvolver con persoas voluntarias.

Estas accións voluntarias realízanse dentro dos diferentes programas executados pola persoa designada polas distintas áreas sanitarias para desenvolver actividades de humanización dos hospitais e centros de saúde implicados.

O obxectivo principal é axudar ás persoas usuarias do sistema público de saúde, que previamente foron atendidas nos puntos de información polo persoal do Sergas, sobre os recursos e servizos existentes no hospital ou centro de saúde co acompañamento a estes de ser necesario, e o enriquecemento persoal das persoas voluntarias que facilitan o benestar persoal das persoas usuarias.

As persoas voluntarias darán apoio tanto a aquelas que permanecen ingresadas como ás que reciben asistencia sanitaria. Tamén realizarán funcións de acompañamento en programas específicos e actividades lúdicas, de participación social, de apoio e accesibilidade, relacional (conversación, paseo, lectura) desenvolvidas por cada hospital ou centro de saúde. Para o desenvolvemento destes labores voluntarios, o Sergas comprometerase a formar aos participantes no programa naqueles casos en que sexa necesario.

Entre as accións que se poden levar a cabo dentro do programa cómpre mencionar:

Voluntariado de apoio á información, que realizará as seguintes actividades:

Axuda ás persoas usuarias nos puntos de información, sobre os recursos e servizos existentes no hospital ou centro de saúde co acompaña mento a estes.

Acompañamento ás persoas usuarias, que así o soliciten, ao seu lugar de destino dentro do centro sanitario.

Voluntariado social, que realizará as seguintes actividades:

Acompañamento en programas específicos e actividades lúdicas, de participación social, actividade de apoio e accesibilidade, relacional (conversación, paseo, lectura) desenvolvidas por cada hospital ou centro de saúde en cuestión.

Quen pode formar parte do Programa Acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia?

Poderá participar calquera persoa maior de idade que, de xeito altruísta e solidario, desexe realizar as actuacións descritas para contribuir a mellora da calidade de vida da comunidade.

Para anotarte debescubrir o correspondente formulario de inscrición.