PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO NOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE DE GALICIA
O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade é un proxecto de humanización que consiste na realización por persoas voluntarias de activades de acompañamento e apoio á información aos usuarios/as e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde .Estas accións voluntarias realizanse dentro dos diferentes programas executados pola persoa designada polas distintas áreas sanitarias para desenvolver activades de humanización dos hospitais e centros de saúde implicados.
O obxectivo principal do programa é mellorar a experiencia do paciente no contacto coa asistencia sanitaria e o enriquecemento persoal das persoas voluntarias que facilitan o benestar persoal das persoas usuarias.
Entre as accións que se poden levar a cabo dentro do programa cómpre mencionar:
Voluntariado de apoio á información, que realizará as seguintes actividades:
Axuda aos/as usuarios/as informados nos puntos de información polo persoal do Sergas, sobre os recursos e servizos existentes no hospital ou centro de saúde co acompaña mento a estes.
Acompañamento aos/as usuarios/as , que así o soliciten, ao seu lugar de destino dentro do centro sanitario.
Voluntariado social, que realizará as seguintes actividades:
Acompañamento en programas específicos e actividades lúdicas, de participación social, actividade de apoio e accesibilidade, relacional (conversación, paseo, lectura) desenvolvidas por cada hospital ou centro de saúde en cuestión.
Quen pode formar parte do Programa Acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia?
Poderá ser voluntaria/o calquera persoa maior de idade que, de xeito altruísta e solidario, desexe realizar as actuacións descritas para contribuir a mellora da calidade de vida da comunidade.
Para facerse voluntaria/o debes entrar no correspondente formulario de inscrición.