Programa 'SON voluntario/a' Promoción do voluntariado xuvenil nos festivais de música 'Festival de la Luz'

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, pon en marcha un novo programa para promover o voluntariado xuvenil nunha área de especial interese e implicación da mocidade como son os festivais de música.

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, pon en marcha un novo programa para promover o voluntariado xuvenil nunha área de especial interese e implicación da mocidade como son os festivais de música.

SON voluntario/a está destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e empadroados en Galicia. Esta iniciativa busca promocionar o exercicio da acción voluntaria entre a xuventude, para que as persoas mozas coñezan o que significa ser voluntario e os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Cómpre destacar que o nome do programa aglutina os dous conceptos presentes na filosofía da iniciativa:

  • Por un lado o concepto do voluntariado (e o orgullo de realizar unha acción voluntaria).
  • E por outro lado a palabra "son" relaciónase dun xeito claro e notorio co ámbito musical.

 

A organización do programa SON voluntario/a correrá por conta da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Asociación Festivais de Galicia. Son Voluntario/a chega ao Festival de la Luz, que terá lugar do 6 ao 8 de setembro en Boimorto.

 

Obxectivos do programa

  • Promover entre a xuventude galega o coñecemento da acción voluntaria.
  • Enganchar aos mozos e mozas a actividades de voluntariado nun espazo relaxado e de diversión.
  • Participar en eventos dirixidos a público mozo (como é o caso dos festivais de música) non só como espectador, senón tamén como axente activo.
  • Conseguir que os mozos e mozas se sintan partícipes dos festivais, que vivan a experiencia desde dentro e poidan sentirse útiles prestando axuda e dando información ao público asistente.

 

Requisitos

  • Ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive (enviar fotocopia do D.N.I a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).
  • Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia (enviar certificado de empadroamento a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).

 

Actividades a realizar polas persoas voluntarias

  • Dar información de interese sobre os servizos que ofrece o festival (zona de comida, acampada, lugar dos aseos...).
  • Facilitar a circulación de persoas dentro do recinto do festival, sobre todo naqueles puntos de maior concentración, ofrecendo información acerca doutras posibles solucións ou prestando apoio ao persoal da organización.
  • Realización, de ser o caso,de actividades de sensibilización medioambiental e de integración co territorio, co fin de promover entre o público asistente a reciclaxe, así como unha consciencia sobre a necesidade de manter limpa a contorna.

 

Cuestións organizativas

  • Os mozos e mozas voluntarias terán un punto de referencia en cada un dos festivais, no que estarán as persoas encargadas de coordinar o programa.
  • Os voluntarios/as realizarán unha quenda dun máximo de 3 horas/día.
  •  Previamente, todos os mozos e mozas seleccionados para participar no programa deberán superar un curso básico sobre voluntariado, que estará dispoñible na web http://www.voluntariadogalego.org.

 

Dereitos dos mozos e mozas voluntarios participantes

  • Acceso ao festival.
  • Certificado de experiencias voluntarias expedido por parte da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, previa solicitude do participante.
  • Seguro de accidentes e responsabilidade civil.

 

Obrigas dos mozos e mozas voluntarios participantes

  • Asistencia a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestións de organización, solucionar dúbidas e repartir as identificacións necesarias.
  • Compromiso de asistencia á quenda previamente determinada e fixada cos coordinadores do programa. De non presentarse, quedarán bloqueados todos os dereitos anteriormente expostos.
  • Realizar só as actividades que se contemplan neste programa como accións de voluntariado. Calquera outra indicación non se considerará actividade de carácter voluntario vinculada a SON Voluntario.
  • Os gastos de transporte e hospedaxe, de ser o caso, serán de conta das persoas voluntarias.
  • As persoas voluntarias acudirán ao punto de encontro dentro de cada un dos festivais.

 

COMO PARTICIPAR???

Os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos, empadroados en Galicia, e que queiran vivir unha experiencia única como voluntarios/as no Festival de la Luz poden inscribirse no programa SON Voluntario da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do formulario.

 

Nesta ocasión ofértanse un total de 20 prazas, que serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Se hai máis solicitudes que prazas, estas persoas pasarán a unha lista de agarda.

O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir as prazas.

/Programa%20%27SON%20voluntario/a%27%20Promoci%C3%B3n%20do%20voluntariado%20xuvenil%20nos%20festivais%20de%20m%C3%BAsica%20%27Festival%20de%20la%20Luz%27