Voluntariado no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

A Consellería de Política Social pon en marcha unha campaña de promoción da acción voluntaria con motivo do Día Internacional do Voluntariado, que se celebrará o vindeiro 5 de decembro.

A partir deste martes un autobús percorrerá desde Ferrol as sete cidades e as principais vilas galegas achegando información sobre os programas que desenvolve o Goberno galego nesta materia. Baixo o lema Engánchate ao voluntariado, este autobús tamén achegará material vinculado a esta campaña para favorecer a captación de máis persoas voluntarias.

Para o 3 de decembro está previsto realizar actividades de voluntariado no "Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro".

Realizaranse labores de limpeza de canalizacións da área arqueolóxica, de follas e restrollos e de fontes.

A actividade desenvolverase nunha única quenda de 1 día, onde poderán participar un máximo de 10 persoas voluntarias.

A actividade inclúe manutención e seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As persoas voluntarias deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que a súa indumentaria debe ser axeitada ás actividades a realizar.

Ao finalizar a participación a acción voluntaria desenvolvida será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (como solicitar o certificado das experiencias voluntarias inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria).

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste programa poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario de inscrición.