Xuntos e voluntarios no Nadal 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por oitavo ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofertanse 105 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), 105 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra)e 50 no Complexo Residencial Lug II (Lugo).

Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020, e as persoas maiores terán aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, en habitación compartida, durante os días que dura o programa.

“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa de ambos departamentos que se pon en marcha coa pretensión de que todo aquel/a que así o desexe poida acudir a estas residencias como voluntario/a, e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que nelas se organicen nesas datas, así como ofrecer a súa compaña aos maiores que alí se atopen.

As persoas voluntarias que participen estarán cubertas pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que ten subscrita a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado .

Os gastos de desprazamento das persoas voluntarias dende o seu domicilio ata a residencia que elixan, son pola súa conta.

Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inscribirá de oficio a experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Se estás interesado/a en pasar este Nadal coas persoas que acudan a estas residencias cubre o formulario de inscrición que atoparás a continuación.

O prazo de inscrición remata o 30 de novembro.

/XUNTOS%20E%20VOLUNTARIOS%20NO%20NADAL%202019