XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2022
A Consellería de Política Social e Xuventude organiza, un ano máis, o programa “Xuntos polo Nadal”, que volve abrirse á participación de persoas voluntarias.
O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. A convocatoria de 2022 conta con 540 prazas repartidas entre as dúas residencias de tempo libre (RTL) coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude
1. A RTL de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 260 prazas en dúas quendas.
2. E RTL do Carballiño, situada na provincia de Ourense, con 280 prazas divididas entre dúas quendas.
Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro distribuídos en dúas quendas de 8 días cada unha: do 22 de decembro pola tarde ao 29 de decembro pola mañá, e do 31 de decembro pola mañá ao 7 de xaneiro do 2023 pola mañá.
A maiores de estar aberto a persoas usuarias maiores, este programa tamén favorece a participación de voluntarios e voluntarias, que poden inscribirse para prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que se organicen, así como ofrecer a súa compaña ás persoas maiores que alí se atopen.
As persoas voluntarias que participen estarán cubertas pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que ten subscrita a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Así mesmo, os seus gastos de desprazamento dende o seu domicilio ata a RTL que elixan son pola súa conta.
Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inscribirá de oficio a experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Se estás interesado/a en pasar este Nadal coas persoas que acudan a estas residencias cubre o formulario de inscrición que atoparás a continuación.
O prazo de inscrición remata16 de decembro (venres).