A Xunta de Galicia convoca a cuarta edición dos Premios Galicia de Acción Voluntaria para recoñecer publicamente o labor solidario de persoas e organizacións durante este ano 2023.

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a nova convocatoria deste certame, que ten tres modalidades dotada cada unha delas de 4.000 euros: galardón á persoa voluntaria, á entidade de acción voluntaria do ano e ao mellor proxecto de acción voluntaria, levado a cabo por unha organización de xeito individual ou por varias de maneira conxunta.

 

Acceso á sede electrónica para o procedemento BS508D