A Xunta destaca a importancia das persoas voluntarias no programa de deporte e ocio Special Olympics

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou hoxe a importancia das persoas voluntarias no programa de deporte e ocio Special Olympics. Fíxoo na celebración das XIII Xornadas de técnicos, deportistas e voluntarios organizadas pola organización.

Neste encontro, Cristina Pichel subliñou a relevancia da formación para prestar unha atención axeitada ás persoas con discapacidade e aos seus familiares. Tamén gabou o labor dos profesionais, así como o afán de superación dos deportistas de Special Olympics.

/special%20Olimpicks