
ASOCIACIÓN ECOS DO SUR
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Avenida de Fisterra, nº 109 baixo dta
15004 - A CORUÑA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
En Ecos do Sur traballamos para que a convivencia entre persoas de orixes diversas frutifique nunha sociedade máis xusta, inclusiva e equitativa. Por iso, desde 1991 defendemos a integración e os dereitos das persoas migrantes, desempregadas e de mulleres en especial vulnerabilidade. A nosa labor desenvólvese en 3 liñas, graduadas e complementarias: 1) ACCESO A DEREITOS ESENCIAIS: Garantimos que todas as persoas teñan información e acceso igualitario aos seus dereitos, independentemente da súa situación administrativa, económica, laboral. Accións de Traballo Social, Mediación Intercultural, Asesoría Xurídica especializada en estranxeiría, Acompañamento sanitario, Asistencia psicolóxica e horticultura terapéutica. 2) EMPREGO, EMPRENDEMENTO E FORMACIÓN: Favorecemos a inserción laboral de persoas en risco de exclusión adaptando as accións ás súas necesidades reais: Orientación laboral, Talleres prelaborales: Procura activa de Emprego, habilidades, motivación, Formación especializada para o emprego, Inclusión idiomática e en Novas Tecnoloxías. 3) ACTIVACIÓN E PARTICIPACIÓN SOCIAL: Promovemos a participación dos colectivos migrantes e traballamos coa sociedade de acollida no coñecemento mutuo e a superación de prexuízos. Alimentamos a convivencia, o respecto cultural, e a cohesión social e reducimos os niveis de aceptación ante o racismo e o discurso de odio.
Se apostas pola participación cidadá e queres poñer en xogo as túas mellores calidades para mellorar a túa contorna, dóanos o teu tempo e capacidades! No programa de voluntariado de Ecos do Sur poderás aprender, desenvolver o mellor de ti e comprobar directamente a repercusión social do teu traballo. Como voluntario/a de Ecos do Sur, proporcionámosche oportunidades de participar activamente nas nosas actividades, campañas puntuais, eventos e servizos, ou poderás colaborar nas nosas oficinas en tarefas de xestión.