ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

Representante legal: ANXO QUINTANA GONZALEZ
C.I.F: S1511001H
Coordinador técnico: GABRIEL QUIROGA BARRO

CONTACTO

Dirección:
R/ XARDÍN DE SAN CARLOS S/N
15001 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 981-200389 Móvil: 981-209251
Fax: 981-227094
Email: arq.reino.galicia@xunta.es
Nº de voluntarios: 2

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

O Arquivo do Reino de Galicia foi creado no ano 1775 por el ?Rei Carlos III coa finalidade de recoller e poñer ao servicio dos cidadáns os documentos xerados pola Real Audiencia de Galicia, o antigo tribunal de xustiza e órgano de Goberno con xurisdicción en toda Galicia creada polos Reis Católicos a partir do ano 1480. O Arquivo é hoxe un centro moderno encargado da recollida, custodia e posta á disposición de todos os cidadáns da documentación de ámbito galego ou provincial xerada por diversos organismos de carácter xudicial e administrativo con sede na provincia da Coruña. As actividades que o Arquivo desenvolven teñen que ver coas funcións que ten asignadas. É dicir: - Recibir transferencias documentais dos organismos administrativos que legalmente están obrigados a remitirlle documentación. - Dar un tratamento técnico aos fondos que recibe e custodia: identificalos, valoralos, organizalos e describilos respectando e reconstruíndo o contexto administrativo en que se produciron. - Conservar fisicamente os fondos, preservándoos do seu deterioro e restaurando aqueles que se achen en mal estado. - Facelos accesibles ás Administracións que os remitiron e aos cidadáns que desexen consultalos, de acordo coas leis que regulan o acceso aos documentos. - Difundir a súa existencia por medio de exposicións, publicacións e visitas escolares.

A quién va dirigido:

A todos os cidadáns. Particularmente, aos que necesitan localizar antecedentes administrativos por motivos persoais e familiares (busca de antecedentes xenealóxicos, xustificación de propiedades), ou profesionais (acreditación de servicios prestados...); e aos investigadores interesados na historia de Galicia.

Quién puede colaborar:

Calquera persoa maior de idade que se ache interesada no programa de voluntariado que desenvolvemos: Preservación documental e difusión dos fondos do Arquivo do Reino de Galicia.

Población destinataria según segmento de edad
Xuvenil
Adulta
Maior
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Ámbitos del voluntariado
Admin. pública y voluntariado