ASOCIACIÓN AMBIENTAL SENDA NOVA

Representante legal: José Manuel Menéndez Varela
C.I.F: G70175401
Coordinador técnico:

CONTACTO

Dirección:
Rúa Venezuela, 12
15100 - CARBALLO - A CORUÑA
Teléfono: 611037617 Móvil:
Fax:
Email: sendanova@hotmail.com
Nº de voluntarios: 12

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

A Asociación Ambiental Senda Nova, é unha entidade sen ánimo de lucro, formada íntegramente a través de voluntarios e voluntarias, os cales no seu tempo libre tratan de poñer en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico máis cercano. Está composta por uns 50 socios e socias. A través de diferentes programas de actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano, tratamos de achegar a pequenos e maiores ao seu entorno, e a acadar un contacto pleno e responsable na natureza. Realizamos programas como a Primavera en Ruta e o Outono en Marcha, que consisten en saídas a pé , que percorren e unen diferentes puntos de interese (ambiental, histórico, social...) de diferentes parroquias e concellos da Costa da Morte. Nelas contáctase con persoeiros e veciños das zonas de interese, os cales aportan os seus coñecementos para sacarlle o maior partido posible ao camiño. Tamén existen outros programas como as Semanas de Natureza e Paisaxe, ou o Verán ao Natural, que están formados por actividades de maior contacto coa natureza. Actividades como a Berrea en Asturies, roteiros nocturnos, obradoiros de convivencia e de observación, obradoiros de pegadas, cesteiría, bioconstrución. Todas elas co obxectivo de dar a coñecer a nosa historia, a nosa tradición e costumes a pequenos e maiores. O Inverno Ancestral, é o programa co que pechamos e comezamos o ano. Nel as lendas, a cultural popular e a tradición oral únense para sacar adiante actividades de recuperación da memoria local como as "Historias de Inverno", ou actividades infantiles como obradoiros de realización de xoguetes tradicionais, recuperación da figura do Apalpador etc Coincidindo cos días mundiais das árbores e dos humidais, realizamos Xornadas de Interpretación de Humidais (febreiro) e dos Bosques (Marzo) nas cales se realizan actividades de coñecemento como charlas, ou camiñadas a pé, moi concretas e específicas para poñer en valor e protexer espazos ameazados e de moito interés que temos preto, como a Lagoa de Baldaio, Lagoa de Alcaián, Esteiro do Anllóns, Bosque da Ribeira da Pena, etc A maiores de toda esta actividade, desenvólvese a Escola Ambiental de Senda Nova, dirixida a nenos e nenas de 3-6º de primaria, e na cal durante 9 meses se achegan ao seu patrimonio máis cercano, e a acadar pouco a pouco unha maior integración e respecto na natureza. Un proxecto ambicioso e longo, no que os monitores e monitoras voluntarios preparan as actividades todas as semanas, para que os máis cativos aprendan a través de diferentes metodoloxías a disfrutar e respetar o seu entorno.

A quién va dirigido:

Todas as actividades de Senda Nova están abertas ao público en xeral, habendo algunha excepción como a Escola Ambiental, que soamente vai dirixida a nenos e nenas de primaria.

Quién puede colaborar:

Todas as persoas interesadas en poñer o seu grao de area para a protección e conservación da natureza, cultura e paisaxe da zona. Todo o mundo ten cousas para aportar, independentemente da idade.

Población destinataria según segmento de edad
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. e infancia
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado