DOWN VIGO, ASOCIACIÓN PARA EL SINDROME DE DOWN
Representante legal: JOSÉ MANUEL GARCÍA OROIS
C.I.F: G36697324
Coordinador técnico:
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Dirección:
Rúa Portela, 48 baixo
36214 - Vigo - PONTEVEDRA
Rúa Portela, 48 baixo
36214 - Vigo - PONTEVEDRA
Teléfono: 986 201 656 Móvil:
Fax:
Email: downvigo@downvigo.org
Nº de voluntarios: 20
INFORMACIÓN
Quiénes somos:
Somos Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down.. Ésta é unha entidade sen ánimo de lucro que xorde no ano 1989, sendo declarada de Utilidade Pública co número 90.183 en febreiro do ano 2000. TEmos como obxectivo lograr a plena integración das persoas con Síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual, mellorando tódolos aspectos que concernen á súa calidade de vida. O ámbito de actuación da nosa entidade é a zona sur da provincia de Pontevedra.
A asociación está formada na actualidade por 117 socios pais e 163 colaboradores. As nosas actividades son: atención temperá, musicoterapia, apoio á integración escolar, psicomotricidade, logopedia, programa "Móvome" de autonomía persoal, habilidades sociais e coñecemento do entorno, formación prelaboral, formación permanente de adultos, emprego con apoio, prácticas nas empresas e o programa de Vida Independente.
Pertencemos a "Down España: Federación Española de Institucións para a Síndrome de Down", federación que aglutina as entidades máis representativas do territorio nacional, na actualidade composta por 77 entidades.
A quién va dirigido:
O fin da asociación é a promoción e realización de todas cantas actividades estean encamiñadas á mellora da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down, facendo especial fincapé naquelas dirixidas á integración da vida familiar, escolar, social e laboral, podéndose beneficiar destas actividades tamén as persoas con outra discapacidade.
Para a consecución dos nosos fins, a asociación realiza as seguintes actividades:
- A creación e promoción de servizos de atención directa, que serven para a atención, formación, promoción da autonomía e integración na sociedade das persoas con Síndrome de Down.
- A creación e/ou promoción de tódolos servizos que redunden na formación de quen lle procure os apoios para ou seu desenvolvemento persoal (voluntarios, profesionais, familias, etc).
- Prestar apoio psicolóxico ás familias das persoas con Síndrome de Down, especialmente as nais e pais con sobrecargas familiares.
- Fomenta-la promoción da muller con Síndrome de Down en tódolos ámbitos. Fomentar todas aquelas políticas de discriminación positiva que promoven a inclusión social en tódolos ámbitos (escolar, familiar, social, laboral, etc.) das mulleres e homes con Síndrome de Down.
- Promover e organizar actividades de lecer e tempo libre dirixidas a xóvenes con Síndrome de Down, que fomenten a súa participación na comunidade e xa que logo a súa integración social. Para tal fin, constituirase unha sección xuvenil.
- Orientación, asesoramento e información ós pais, titores e/ou gardadores de feito sobre os dereitos, recursos públicos das persoas con Síndrome de Down, ó amparo da lexislación vixente.
- Difusión das publicacións, boletíns informativos, carteis, etc. sobre temas de interese relacionados coa descapacidade, o movemento asociativo, temas relacionados coa Asociación en xeral, actividades de sensibilización, etc.
- Reivindicación de comportamentos e normas que promoven e sexan compatibles coa dignidade e a debida atención ás persoas con Discapacidade Intelectual, así como a súa denuncia de todas aquelas accións que atenten contra a súa dignidade e dereitos.
- Reivindicación ante os organismos. correspondentes da inclusión de programas específicos para as persoas con Síndrome de Down nos servizos de saúde.
- Actividades de colaboración con outras entidades e institucións.
- Calqueira outra actividade que axude ó cumprimento dos fins.
Quién puede colaborar:
Calqueira persoa (maior de idade) que despois dun período de 20 horas de formación en diversas materias, como dereitos e deberes do voluntario, filosofía da asociación e obxectivos, así como a función a realizar, asínase un compromiso de colaboración entre ambas partes por un tempo determinado.
Grazas á axuda dos voluntarios, entidades como Down Vigo poden desenvolver actividades, sobre todo as relacionadas coa autonomía persoal, lecer e tempo libre, que doutra forma non se poderían realizar.
Población destinataria según segmento de edad
Infantil
Xuvenil
Adulta
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. y autonomía personal
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado