
CONCELLO DE O PINO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RÚA DO CONCELLO, S/N
15821 - O PINO - A CORUÑA
INFORMACIÓN
O Concello de O Pino atópase practicamente no centro de Galicia, ó sursueste da Provincia da Coruña (coordenadas 42º54'17N- 8º21'45O). Ten unha extensión de 132?3 quilómetros cadrados, distribuídos en trece parroquias: Arca, Budiño, Castrofeito, Cebreiro, Cerceda, Gonzar, Lardeiros, Medín, Pastor, Pereira, O Pino, San Mamede e San Breixo de Ferreiros. O Pino forma parte da Comarca de Arzúa. Limita ó norte con Frades e Oroso, ó sur con Touro e Boqueixón, ó leste con Arzúa e ó oeste con Santiago de Compostela. Conta cunha poboación de 4.760 habitantes. Precisamente, é o primeiro municipio que se encontra ó seguir a N-547 dende a capital de Galicia a Lugo, pasando perante o aeroporto internacional de Lavacolla. A capital municipal, O Pedrouzo, dista uns 18 quilómetros de Compostela.
Os proxectos de voluntariado que poñemos en marcha van dirixidos a toda a poboación en xeral,dende os 16 anos en adiante, interesada en participar en diversos proxectos socioculturais, deportivos, medioambientais e turísticos no noso concello.
Poden colaborar con nós todas as persoas interesadas en proxectos de voluntariado. Valórase especialmente a predisposición dos voluntarios a participar e colaborar no desenvolvemento de actividades socio-culturais, medioambientais, deportivas e turísticas coa poboación infantil, mocidade, terceira idade e o resto da poboación do noso municipio. Os voluntarios deben ter iniciativa e predisposición por colaborar con outras persoas e traballar en equipo.