FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

Representante legal: MARÍA MERCEDES FERNÁNDEZ ANGULO
C.I.F: G15549306
Coordinador técnico:

CONTACTO

Dirección:
Rua Do Home Santo de Bonaval, Nº 74-Baixo
15703 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
Teléfono: 981589365 Móvil:
Fax: 981589344
Email: info@autismogalicia.org
Nº de voluntarios: 7

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

A Federación AUTISMO GALICIA nace no ano 1995 co obxecto de contribuír a xuntar os esforzos que as principais entidades galegas, prestadoras de servizos de atención integral ás persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA), viñan desenvolvendo ata ese momento. Dende os nosos inicios afrontamos o reto de traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias, a través dun compromiso en áreas fundamentais como son a detección precoz e intervención educativa, integración social e laboral, formación, ou saúde. O noso esforzo a través de programas de apoio e mellora da contorna, ten como obxectivo actuar en cumprimento da nosa misión e en beneficio das entidades que en Galicia prestan servizos as persoas con TEA e as súas familias. A Federación é un referente técnico que contribúe ao deseño de políticas de inclusión social e un referente informativo que contribúe a visualizar a realidade das persoas con TEA e das súas familias. Na Federación AUTISMO GALICIA están integradas 10 entidades que prestan servizos a unhas 500 persoas con Trastornos do Espectro Autista de toda a Comunidade Autónoma de Galicia e contan con aproximadamente 260 traballadores. Os servizos inclúen equipos de diagnóstico, centros de educación especial, centros de día, ocupacionais e residencias. Estes servizos pretenden dar resposta ás diferentes necesidades das persoas con TEA proporcionando atención especializada nas diferentes etapas do ciclo vital.

A quién va dirigido:

A Federación AUTISMO GALICIA, preocupouse nos últimos anos de incorporar a figura do voluntariado dentro da propia Federación así como nas Entidades e Organizacións membro. Esta iniciativa da Federación esta motivada pola importancia e valor social que a figura do voluntariado adquiriu nos últimos tempos e que ostenta na actualidade. O Voluntariado é unha figura máis dentro do organigrama desta Entidade con funcións e tarefas específicas que non pode substituír o traballo retribuído, pois en ningún caso existe un solapamento entre as figuras do voluntario e a figura do profesional. O Voluntariado ten unha entidade propia claramente definida, cuns obxectivos claramente diferenciados dos doutros papeis dentro das organizacións e preséntase coma unha figura moi valiosa a hora de xestionar os proxectos que cada Entidade desenvolve. Nós, como Federación AUTISMO GALICIA, Entidade de Voluntariado, falamos dende un colectivo que presenta multitude de necesidades e carencias sobre as que é preciso incidir de forma profesional. Nesta actuación hai cabida tanto para a figura do profesional coma para a figura do/a Voluntario/a que realizan accións complementarias e de inmensa valía sen as cales sería imposible a realización de moitos dos proxectos que, hoxe en día, se desenvolven con este colectivo na nosa comunidade. Por todo isto o Voluntariado preséntase coma unha figura indispensable nesta Institución así como nas Entidades e Organizacións membro, de cara o progreso e mellora da Calidade de vida das Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quién puede colaborar:

Persoas que teñan interese por incrementar o seu

coñecemento no ámbito dos Trastornos do Espectro Autista e que teñan disponibilidade para colaborar nas nosas actividades con este colectivo.
Población destinataria según segmento de edad
Xuvenil
Adulta
Maior
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. y autonomía personal
Vol. e infancia
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado