
ASOCIACIÓN VALPONASCA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
AVDA. RAMÓN FERREIRO, 30
27002 - LUGO - LUGO
INFORMACIÓN
A Asociación Valponasca xorde no ano 2003 como entidade dinamizadora das iniciativas e proxectos que se desenvolven no campo da intervención social, para intervir e combater situacións de risco, marxinalidade e exclusión social no ámbito da infancia, adolescencia, mocidade. Está tamén aberta ás novas pobrezas que presentan outros colectivos: mulleres, inmigración... As principais finalidades da entidade son: · promoción integral dos nenos, adolescentes e mozos, así como outros colectivos, en situación de necesidades especiais, a través da prevención, a educación, a formación e a promoción social. · desenvolver programas e proxectos que favorezan a atención socioeducativa e formación sociolaboral daqueles colectivos que se atopan en situacións de risco social. · promover a cultural da solidariedade a través dos voluntarios e voluntarias e das actividades de formación, sensibilización e acción. · apostar polo traballo en rede, desde o dialogo, a cooperación, a suma de esforzos, para poder dar respostas de calidade.
Nenos e nenas, adolescentes e mozos, principalmente aqueles que se atopan en situación de risco ou exclusión social.
Aquelas persoas voluntarias/as que teñan sensibilidade cara ao mundo xuvenil, especialmente, naqueles colectivos en situación de risco e de exclusión social.