
ASOCIACIÓN REXURDIR PROVINCIAL
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RÚA CRUCEIRO 17A
36002 - PONTEVEDRA - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
A organización sen ánimo de lucro Rexurdir Provincial fúndase no ano 1994, nun intento de dar resposta á problemática social de dependencia ás drogas detectada na cidade. Aínda que comeza atendendo principalmente os problemas asociados a dito consumo, foi evolucionando na súa oferta de servizos, ampliando a súa axuda a outros coletivos. Na actualidade, ten un marco de actuación moito máis amplo, extendendo o mesmo, a tódalas persoas en exclusión ou risco social da cidade, sen ter en conta a procedencia da súa problemática.
o perfil das persoas atendidas no noso Centro de Atención Social Continuada xa non é o do drogodependente crónico de sustancias duras senón o conxunto de persoas da nosa cidade e da súa contorna que por diversas razóns, atópanse na actualidade nunha situación de vulnerabilidade, risco e/ou exclusión social.
Calquera persoa maior de 18 años que de modo estable, desinteresado e responsable queira formar parte dun proxecto cuxa finalidade é atender a persoas con problemas de adiccións e persoas en situación ou risco de exclusión social.