IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO (IND)

Representante legal: MARIA REIMONDEZ MEILAN
C.I.F: G36838464
Coordinador técnico: Naiara González Fontenla

CONTACTO

Dirección:
R/Barcelona,4.
36211 - VIGO - PONTEVEDRA
Teléfono: 886 111 911 Móvil: 606 315 071
Fax:
Email: voluntariado@implicadas.com
Nº de voluntarios: 48

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

Implicadas/as no desenvolvemento é unha ONG galega que nace no ano 1998 co obxectivo de concienciar á sociedade galega sobre os verdadeiras causas e consecuencias da pobreza no mundo, así como levar a cabo proxectos de cooperación ao desenvolvemento na India. Para acadar os nosos obxectivos, en Implicadas desenvolvemos por unha banda actividades de sensibilización en Galicia tales como conferencias, cursos, exposicións, recitais poéticos, clubs de cooperación, publicacións, edición de libros, etc., sempre en colaboración cos diferentes axentes sociais galegos e outras onegués. E pola outra banda, en Implicadas traballamos no Sur da India coas comunidades máis desfavorecidas, mediante proxectos de cooperación integrais, perdurábeis e con enfoque de xénero. Ao seren integrais, os proxectos céntranse en aspectos educativos, sanitarios e de autosuficiencia económica. Para que sexan perdurábeis en Implicadas colaboramos en pé de igualdade con organizacións locais (contrapartes) destas zonas, garantindo así a autosuficiencia da comunidade e o respecto cultural. O enfoque de xénero é o motor do traballo de Implicadas, xa que entendemos que non é posíbel erradicar a desigualdade entre persoas pobres e ricas mentres (en todo o mundo) permanece a desigualdade entre mulleres e homes. Para saber máis de nós podedes consultar a nosa web ou seguirnos en facebook.com e no twitter

A quién va dirigido:

O equipo de activistas de Implicadas No Desenvolvemento realiza diversas actividades que se enmarcan nun tipo de voluntariado específico: apoio á xestión da organización e ao desenvolvemento de actividades de sensibilización. Trátase dun tipo de colaboración que repercute indirectamente sobre os colectivos beneficiarios dos proxectos de cooperación da ONG e, é de vital importancia para o bo funcionamento da ONGD. Deste xeito, ofertamos a posibilidade de realizar actividades de voluntariado a través de dúas modalidades: - Activismo presencial: deseño, organización e implementación de actividades de concienciación sobre a pobreza e as desigualdades Norte-Sur dende unha perspectiva de xénero, crítica e feminista en A Coruña, Compostela, Lugo, Pontevedra e A Estrada. Estas actividades realízanse a través da cultura, o deporte, a arte, a educación (concertos, recitais, exposicións, clubes de lectura, charlas-coloquio...). - Activismo Virtual:participación nos grupos virtuais de Tradución, Deseño, Documentos e Redes dende calquer parte do mundo a través das tarefas asociadas a cada actividade. www.implicadas.net

Quién puede colaborar:

As características que Implicadas No Desenvolvemento busca no seu voluntariado son: - Persoas sensibilizadas coas desigualdades de xénero, a pobreza e as diferencias entre o Norte e o Sur. - Persoas con inquietudes, que queiran canalizar a súa creatividade e o seu entusiasmo a través de accións para mellorar a sociedade. - Valorarase positivamente a motivación persoal, a capacidade de compromiso e de traballo en equipo e o grao de responsabilidade. - Coñecementos da lingua galega, tanto falada como escrita. Para áreas concretas de traballo, a ONGD busca profesionais con ganas de por a disposición da organización os seus coñecementos e experiencia.

Población destinataria según segmento de edad
Adulta
Maior
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. y cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado