
ASOCIACIÓN CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
SEDE SOCIAL: R/ A ESCOLA, 14 - ARZADEGOS OFICINA: R/ XACINTO SANTIAGO,23, BAIXO, VILARDEVÓS
32616 - VILARDEVOS - OURENSE
INFORMACIÓN
Somos unha asociación constituída no ano 1990 e estamos integrados nunha organización non gobernamental chamada Confederación de Centros de Desarrollo Rural (Coceder), á que están adheridos outros 21 centros coma o noso, repartidos pola xeografía rural española. Gozamos de plena independecia na nosa actuación, temos recoñecemento legal e carecemos de fins lucrativos. Estamos no medio rural da comarca de Verín e levamos a cabo un proxecto definido de desenvolvemento integral. Queremos ser un centro de iniciativas tendentes a impulsar e canalizar accións conxuntas coa administración e con outras entidades para a promoción social, educativa e económica do medio rural. Traballamos dende o coñecemento da situación da nosa zona, detectando as potencialidades e os problemas, incidindo en diferentes campos: educación, servizos sociais, formación profesional, formación ocupacional, medio ambiente, promoción socioeconómica, etc. Promovemos a participación activa da poboación local, mediante a cooperación e o voluntariado social. Colaboramos cos concellos e con todas aquelas institucións e entidades públicas ou privadas que traballan no medio rural.
Traballamos con colectivos especialmente desfavorecidos para propiciar o seu desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida. Impulsamos a participación e o desenvolvemento de todos os membros da comunidade: infancia, xuventude, homes, mulleres, maiores, persoas con minusvalías e outros colectivos en situación de marxinación social. Promovemos recursos e equipamentos sociais que posibiliten a atención dos distintos colectivos sociais das nosas aldeas.
Calquera persoa con ganas de traballar, preocupada e sensibilizada co medio rural e coas súas problemáticas específicas.