ASOCIACIÓN ALIAD-ULTREIA

Representante legal: MARÍA BARBA NÚÑEZ
C.I.F: G27021120
Coordinador técnico: BRAIS VARELA CAMPOS

CONTACTO

Dirección:
RUA MILAGROSA, 99
27003 - LUGO - LUGO
Teléfono: 982251948 Móvil: 655395940
Fax: 982251948
Email: info@aliad.org
Nº de voluntarios: 23

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

A Asociación ALIAD-ULTREIA ten a súa orixe na Asociación A.L.I.A.D. (Asociación Luguesa de Información e Axuda ao Drogodependente), fundada en 1984 na cidade de Lugo e posta en marcha por profesionais de diferentes ámbitos (médicos, psicólogos, profesores,etc) coa intención de informar a sociedade, da gravidade do problema das drogodependencias e atender ao conxunto de necesidades humanas que este xera. Nun principio o seu ámbito de actuación era a prevención, tratamento e incorporación de persoas drogodependentes pero A.L.I.A.D. pronto se especializou na área de incorporación. ALIAD-ULTREIA foi evolucionando ao longo dos anos adaptándose a cambiante realidade social. Deste xeito co xurdimento de novas necesidades sociais, ademais de seguir atendendo ao colectivo relacionado coas drogodependencias, a asociación empezou a diversificar o tipo de actuacións e os/as beneficiarios/as destas. Foi no ano 2010 cando a asociación modifica o seu nome para pasar a denominarse ALIAD-ULTREIA. A razón disto é a ampliación do seu ámbito de actuación debido ao xurdimento de novas realidades e necesidades sociais. ALIAD-ULTREIA traballa actualmente con persoas afectadas por calquera tipo de problemática social e, en consecuencia, céntrase na atención integral de individuos sometidos a un risco de exclusión por razóns fí­sicas, ambientais, económicas, culturais ou de calquera outra natureza.

A quién va dirigido:

Os nosos programas van dirixidos aos tres seguintes colectivos en risco de exclusión social: - Poboación drogodependente e exdrogodependente. - Poboación reclusa e exreclusa tanto dentro coma fora de prisión. - Mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata.

Quién puede colaborar:

Persoas (maiores de idade) con conciencia social, ganas de aportar e que supoñan un valor engadido nos programas que levamos a cabo, sempre en beneficio dos nosos usuarios/as.

Población destinataria según segmento de edad
Adulta
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado