Emaús Fundación Social

Representante legal: Mª Juncal Blanco Granado
C.I.F: G20486825
Coordinador técnico:

CONTACTO

Dirección:
Ronda de Don Bosco, 9 Inter-baixo
36202 - VIGO - PONTEVEDRA
Teléfono: 986220284 Móvil:
Fax: 986220284
Email: galicia@emaus.com
Nº de voluntarios: 21

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

Emaús Fundación Social é unha entidade laica sen ánimo de lucro con presencia en Galicia, Asturias e País Vasco. COMPROMETÉMONOS COAS PERSOAS MÁIS EXCLUÍDAS DA SOCIEDADE. Acompañamos a quen o precisa de xeito próximo, individualizado e flexible, priorizando os seus intereses, necesidades e dereitos. XERAMOS RECURSOS ONDE OUTROS VEN LIXO. Creamos postos de traballo a través da reparación e reutilización creativa de obxectos, mobles, aparatos eléctricos, electrónicos e téxtiles. IMPULSAMOS O CAMBIO Promovemos o consumo responsable, o fomento da economía circular e solidaria para a inclusión, mediante a incidencia e a sensibilización.

A quién va dirigido:

En Emaús Galicia traballamos pola inclusión social e a innovación na nosa sede de Vigo desde hai 12 anos. O noso obxectivo é xerar emprego a través da economía circular e solidaria, mediante a recuperación e reutilización de residuos. Dirixida a persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas sen teito.

Quién puede colaborar:

Persoas maiores de 16 anos que teñan interese en colaborar nalgunha das seguintes actividades: -Participar nas nosas actividades e obradoiros. -Apoiar ás persoas na realización de tarefas e xestións cotiás. -Colaborar en labores administrativas e organizativas. -Difundir e comunicar as nosas accións, eventos e proxectos. -Acompañar no tempo de lecer. -Achegar o teu apoio e/ ou coñecementos profesionais (reforzo na aprendizaxe, asesoramento legal, procura de vivenda, traducións, saúde e benestar...)

Población destinataria según segmento de edad
Adulta
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social