
ASOC. RED MADRE PONTEVEDRA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
R/ ALEXANDRE BÓVEDA NÚM 10 Bajo F
36210 - VIGO - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
REDMADRE Pontevedra é unha asociación de Utilidade Pública que proporciona apoio a mulleres xestantes e nais recentes en calquer situación de vulnerabilidade co fin de facer efectiva a igualdade de oportunidades. O programa NAIS E FILL@S da asociación é un proxecto de atención psico-social integral, que ofrece acompañamento, información de axudas e asesoramento profesional legal, psicolóxico, de orientación laboral e procura de emprego, mediación familiar e formación, co obxectivo de que a nai acade a autonomía persoal. Pola outra banda, o programa ANXELA proporciona apoio material de emerxencia ás familias, cubrindo as necesidades básicas de alimentación, hixiene e coidado materno-infantil. Ambos programas comparten o obxectivo da asociación: que ninguhna muller se sinta soa na súa maternidade. Centro de atención en Vigo: Rúa Alexandre Bóveda 10, Baixo F, 36210 Horario de 10:00 h a 14:00 h, días laborables, e cita previa. Centro de atención en Pontevedra: Rúa Michelena 1, 4º K, 36002. Cita previa.
Mulleres xestantes e nais recentes, con fillas/os menores de 3 anos, en risco de exclusión social ou calquer situación de vulnerabilidade: inmigración, rechazo familiar, falta de recursos, minoría de idade, discapacidade dela ou do fillo/a, violencia, trata, etc. e que viven na provincia da Pontevedra.
Xoves e persoas adultas