CURSO: SEXUALIDADE E PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO

CURSO: SEXUALIDADE E PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO

Del
al

 A sexualidade é unha dimensión fundamental da vida humana, tamén das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Conscientes da importancia de ofrecer apoios e recursos de calidade neste ámbito, desde FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha a formación: “Sexualidade e persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Boas prácticas e recursos para acompañar e prestar apoios ao desenvolvemento afectivo-sexual e socio-relacional”.

A acción formativa, cunha duración total de 10 horas, busca:

- Achegar unha comprensión máis ampla do feito sexual humano e das diversidades ao longo do ciclo vital.

- Facilitar estratexias para acompañar o desenvolvemento afectivo-sexual e socio-relacional das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

- Dotar de competencias e habilidades para afrontar situacións cotiás nos diferentes contextos de interacción social.

A formación estará impartida por Natalia Rubio Arribas, psicóloga, sexóloga, pedagoga e mestra en Educación Especial, ademais de presidenta da Asociación Estatal Sexualidade e Discapacidade.

A quen vai dirixida?

Está pensada para profesionais que traballan con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en entidades federadas e non federadas, persoal da administración pública, persoas voluntarias e público xeral interesado.

O número máximo de prazas é de 30.

Datas e formato

O curso desenvolverase en tres sesións:

- 9 de outubro (online, 10:00–12:15 h).

- 23 de outubro (online, 10:00–12:15 h).

- 6 de novembro (presencial en Santiago de Compostela, 10:30–14:00 h e 16:00–18:00 h).

A sesión presencial terá lugar no edificio da Asociación da Área Empresarial do Tambre (AAET).

Custos e inscrición

10 € para profesionais de entidades federadas a FADEMGA.

15 € para o resto de participantes.

O prezo inclúe a formación e un café de media mañá na sesión presencial (o xantar non está incluído).

As inscricións poden realizarse en liña ata o 23 de setembro a través desta ligazón.

A confirmación de praza comunicarase o 24 de setembro.

O pagamento deberá realizarse antes do 1 de outubro, enviando o xustificante a sexualidade@fademga.org .

Descarga aquí toda a información do curso. 

CURSO