PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS CONCELLOS CON TERRITORIO DENTRO DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA PARA PALIAR AS CONSECUENCIAS DOS LUMES DO 2025

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS CONCELLOS CON TERRITORIO DENTRO DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA PARA PALIAR AS CONSECUENCIAS DOS LUMES DO 2025

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de voluntariado nos concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia para paliar as consecuencias dos lumes do 2025.

 

Esta iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ten por obxecto que o persoal voluntario colabore no desenvolvemento dunha serie de actuacións coa finalidade protexer os terrenos devastados polos lumes neste verán de 2025 naqueles concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia, entre as que podemos destacar as seguintes intervencións:

  • Mulching, técnica que permite crear unha protección do solo empregando materiais, como a palla de cereais, e aplicala de forma manual nas áreas accesibles a pé.
  • Distribución e reparto de xeito manual de alimentos e auga para fauna.

A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de aloxamento e manutención, estando cubertas as persoas voluntarias cun seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Os gastos de desprazamento ata o punto que se determine como "de queda" para cada quenda correrá por conta da persoa voluntaria, que terá que presentarse no devandito punto antes das 20:00 horas do primeiro día da quenda.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN.

  • Aberto o prazo de inscrición ata completar as quendas.
  • Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse a unha acción por cada fin de semana.
  • Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.

 

INSCRICIÓN.

As persoas interesadas en inscribirse neste Programa de Voluntariado poden facelo cubrindo o formulario habilitado na páxina web www.voluntariadogalego.org

Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son:

  • Ter cumpridos os 18 anos.
  • Residir na comunidade autónoma de Galicia.
  • Cumprimentar o formulario.

QUENDAS (actualizado)
CONCELLO QUENDAS PRAZAS
A Veiga do 17 ao 19 de outubro 25
Carballeda de Valdeorras do 17 ao 19 de outubro 25
Cualedro do 17 ao 19 de outubro 25
Manzaneda do 17 ao 19 de outubro 25
Oimbra do 17 ao 19 de outubro 25
Chandrexa de Queixa do 24 ao 26 de outubro 25
Cualedro do 24 ao 26 de outubro 25
Manzaneda do 24 ao 26 de outubro 25
Vilamartín de Valdeorras do 24 ao 26 de outubro 25
Cualedro do 31 de outubro ao 2 de novembro 25
Vilamartín de Valdeorras do 31 de outubro ao 2 de novembro 25
Oimbra do 31 de outubro ao 2 de novembro 25
Vilariño de Conso do 31 de outubro ao 2 de novembro 25
Monterrei do 31 de outubro ao 2 de novembro 25
Larouco do 31 de outubro ao 2 de novembro 25
Beade do 31 de outubro ao 2 de novembro 25