Temos o pracer de convidarvos a xornada Xuventude na Onda (28-29/11/2025, Museo Centro Gaiás, Santiago de Compostela), organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, co obxectivo de poñer en valor o talento da mocidade galega.
O encontro reúne os programas Xuventude Mentoring, Fórmate na Empresa e Xuventude Crea, e está orientado a empresas, entidades colaboradoras, persoas mentoras e mocidade.
A xornada incluirá mesas redondas, espazos de networking, relatorios, concertos e talleres prácticos sobre intelixencia artificial, comunicación eficaz e outras competencias profesionais, así como actividades pensadas para motivar, conectar e implicar tanto á mocidade participante como ás empresas e ás persoas mentoras.
Para máis información e inscricións https://xuventudenaonda.es/