Plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

A Dirección Xeral de Xuventude presenta o Plan de Formación 2026 con 1.920 prazas e novas áreas temáticas

A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha o Plan de Formación 2026, que amplía a súa oferta con un total de 27 cursos dirixidos a profesionais, voluntariado e mocidade.

O programa inclúe 4 cursos presenciais, 19 en liña e 4 en modalidade mixta, sumando 1.920 prazas dispoñibles. A iniciativa comezou o pasado 16 de febreiro coa apertura da inscrición de cinco cursos en liña centrados no voluntariado ambiental interxeracional. A esta oferta inicial incorpóranse agora 12 cursos adicionais da área de voluntariado e 10 da área de xuventude.

Formación en voluntariado

Os cursos da área de voluntariado teñen como obxectivo proporcionar coñecementos esenciais tanto ao persoal técnico das entidades como ás persoas voluntarias. A programación aborda contidos de formación básica en voluntariado, voluntariado ambiental, uso da intelixencia artificial, educación emocional, habilidades sociais e apoio psicosocial.

Formación en xuventude

A área de xuventude ofrece accións formativas dirixidas a profesionais do lecer educativo e do tempo libre, persoal técnico que traballa con mocidade e á propia xuventude. Entre as temáticas destacan os deportes náuticos, a comunicación, a resolución de conflitos, a aplicación da IA, a inclusión no lecer e a formación das persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia.

Inscricións en dúas fases

Os formularios de inscrición —un por curso— estarán dispoñibles no campus en liña da web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org). Este ano, a matrícula abrirase en dúas fases diferenciadas:

  • Cursos de marzo a xuño: inscrición dispoñible desde as 09:00 h do luns 9 de marzo.

  • Cursos de setembro a decembro: inscrición activa desde as 09:00 h do luns 29 de xuño.

En ámbolos dous casos os formularios de inscrición estarán abertos ata completar as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir formación especializada en acción voluntaria ou asociacionismo xuvenil, segundo os requisitos específicos de cada curso. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026
Área Título Número de Prazas Horas Lugar de realización Modalidade Datas de realización e horarios Persoas destinatarias
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional nas accións fronte ao cambio climático 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 2 de marzo ao 2 de abril Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na prevención de residuos (VAPIR) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de marzo ao 15 de abril Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na loita contra os incendios forestais 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 23 de marzo ao 23 de abril Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Xuventude Comunicación efectiva e bo trato no tempo libre 50 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 23 de marzo ao 13 de abril Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Xuventude Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre 25 24 (20 en liña+4 presencial) Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago Mixto Do 6 ao 27 de abril
Sesión práctica a elixir entre:
Venres 5 de xuño
sábado 6 de xuño
Horario: de 10:00h a 14:00h
Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Aplicación da intelixencia artificial no ámbito do voluntariado 100 24 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 7 de abril ao 7 de maio Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional en ríos (VAIR) 100 25 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 15 de abril ao 15 de maio Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Voluntariado Voluntariado ambiental interxeracional na defensa do coidado do litoral 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 20 de abril ao 20 de maio Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Xuventude Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: vela e windsurf 15 60 Albergue Xuvenil As Sinas Presencial 30 de abril, 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de maio
Xoves 30 de abril: 16.00-21.00
Venres 1, sábado 2 e domingo 3 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00
Venres 8 de maio: 16.00-21.00
Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00
Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Voluntariado Actuacións do voluntariado na rexeneración de montes queimados 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 2 de maio ao 2 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Educación emocional e xestión de conflitos nos grupos de voluntariado 100 25 (15 en liña+10 telepresencial) Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org Mixto Do 4 de maio ao 4 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: caiac e paddlesurf 20 25 Albergue Xuvenil As Sinas Presencial 8, 9 e 10 de maio
Venres 8 de maio: 16.00-21.00
Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00
Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Xuventude Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre 25 24 (20 en liña+4 presencial) Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago Mixto Do 11 de maio ao 1 de xuño
Sesión práctica a elixir entre:
Venres 5 de xuño
sábado 6 de xuño
Horario: de 10:00h a 14:00h
Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Curso de voluntariado. Nivel básico 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 18 de maio ao 18 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Atención e apoio psicosocial no voluntariado 100 30 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 25 de maio ao 25 de xuño Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Resolución de conflictos en grupos xuvenís 30 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 1 ao 22 de xuño Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado O desenvolvemento de competencias socioemocionais na acción voluntaria 25 12 Centro Coordinador de Información Xuvenil- Santiago de Compostela Presencial Do 8 ao 11 de xuño De 16:30h a 19:30h Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Oratoria. Como falar en público 25 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 7 ao 28 de setembro Mocidade de 16 a 30 anos
Voluntariado A participación como factor clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de setembro ao 16 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 30 30 Plataforma de teleformación de FAXPG En liña Do 17 de setembro ao 22 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Voluntariado en catástrofes e incidentes de múltiples vítimas 100 30 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 21 de setembro ao 21 de outubro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Intelixencia artificial ao xeito: emprego directo e práctico 50 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 28 de setembro ao 19 de outubro Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Voluntariado Diversidade e inclusión nos proxectos de voluntariado 100 25 (15 en liña+10 telepresencial) Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org Mixto Do 13 de outubro a 13 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica 100 20 Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego En liña Do 19 de outubro ao 9 de novembro Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade
Voluntariado Estratexias para a mellora do autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción voluntaria 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 23 de outubro ao 23 de novembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Voluntariado Curso de voluntariado. Nivel de especialización de carácter xenérico 100 20 Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org En liña Do 16 de novembro ao 16 de decembro Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia
Xuventude Ferramentas de comunicación 25 3 Lugar por determinar Presencial Datas por determinar Mocidade de 16 a 30 anos

Acceso ao campus en liña