Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas da Dirección Xeral


(19-12-2008)

Curso do Programa de Formación 2008  na Coruña

Aberto o prazo para inscribirse nos primeiros cursos de formación do voluntariado 2009

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén de abrir o prazo de inscrición nos primeiros cursos do III Programa de Formación do Voluntariado correspondentes a xaneiro.

As propostas para este mes son Deseño de proxectos, Estratexias de captación de fondos en ONL, Voluntariado Social de Maiores: interxeracional, Curso...

Ampliar

(17-12-2008)

Logotipo do programa conversascon:

conversascon: leva reunidas a preto de seis mil persoas arredor dunha fiestra dende a que ollar o mundo

O ciclo de conferencias conversascon: que promove a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade chega hoxe á súa fin coa proxección da segunda parte de “La batalla de Chile” dentro do Ciclo de cine latinoamericano. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, asistirá ao pase do filme na Facultade de Ciencias da Comunicación ás 20.00 horas.

Desde a posta en marcha de conversascon: en 2007, este...

Ampliar

(15-12-2008)

Foto do encontro

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade analiza con Adega novas vías de colaboración en voluntariado medio ambiental

Representantes da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza mantiveron unha xuntanza co director xeral, Rubén Cela, encontro no que se abordaron tanto as actividades desenvolvidas en 2008 no marco de programas postos en marcha froito da colaboración entre ambas partes, como a posibilidade, en 2009, de activar novas vías de colaboración en voluntariado medio ambiental entre Adega e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

A coordinadora do programa Proxecto Ríos de ADEGA, Virxinia Rodríguez, presentou esta mañá ao...

Ampliar

(12-12-2008)

Un dos galardoados nos II Premios á Solidariedade en Galicia

Galería de fotos dos Premios Solidarios 2008

Na sección, EN IMAXES da web podes ver algunha das fotos...
Ampliar

(11-12-2008)

Rubén Cela na inauguración do curso

Rubén Cela inaugurou o novo curso de formación básica en voluntariado da Universidade da Coruña

O director xeral de Xuventude e Solidariedade salientou a responsabilidade da administración no eido da formación do voluntariado e puxo o Plan Galego de Voluntariado 2006-20010 coma exemplo de compromiso do Goberno galego para co voluntariado e colaboración social.

O director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, inaugurou este xoves 11 o novo curso de formación básica en voluntariado da Universidade...

Ampliar

(10-12-2008)

O director xeral, Rubén Cela, xunto co director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco

A terceira edición do programa de sensibilización ambiental Vive en Defensa do Monte Galego oferta mil prazas para mozos de 3º da ESO ata 1º de Bacharelato

Rubén Cela, explicou este mércores, 10 de decembro as principais liñas de acción para o vindeiro ano. O obxectivo é sensibilizar a nenos e nenas sobre a riqueza forestal galega, ao tempo que se promove o voluntariado a través de actividades de educación e ambiental. Un total de 2.800 rapaces e rapazas de toda Galiza participaron xa nas dúas primeiras edicións deste programa.

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade iniciará o vindeiro mes de xaneiro a terceira edición do programa de educación e sensibilización...

Ampliar

(10-12-2008)

Portada do Infoxove nº 32 de decembro

O Infoxove de decembro xa está na rúa!

No Infoxove deste mes de decembro recóllese unha importante nova para o voluntariado en Galicia como é a presentación da Lei de Acción Voluntaria que...
Ampliar

(09-12-2008)

Un momento da presentación do programa

Un proxecto piloto da Unión Europea promoverá o voluntariado lingüístico para achegar a lingua galega a estudantes e inmigrantes

Rubén Cela participou este marte, 9 de decembro en Santiago nunha xornada de traballo con representantes de Holanda, Francia e Grecia que colaboran no programa.

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade executará ata o mes de outubro do 2010 o proxecto que leva o nome de Volangteer-Learning Regional...

Ampliar

(05-12-2008)

Quintana durante a súa intervención

Quintana anuncia que se duplicarán as axudas para as entidades voluntarias que traballan nos comedores sociais e albergues galegos

Dixo que se trata dunha iniciativa de choque contra a pobreza xerada pola actual crise económica e que acada os 1,6 millóns de euros. O vicepresidente celebrou o Día Mundial do Voluntariado cun encontro celebrado en Santiago con varias entidades de acción voluntaria e salientou a importancia de traballar xuntos "man con man" para que "non haxa ningunha persoa en Galiza sen un prato para comer". Anunciou que a comezos da próxima lexislatura se elaborará unha Lei Galega de Inclusión Social.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, aproveitou o encontro mantido en Santiago con varias entidades de acción voluntaria con motivo do Día...

Ampliar

(05-12-2008)

Cartel promocianal do DIV editado pola Rede de voluntariado lucense

A Rede local de voluntariado lucense conmemora con diversos actos na praza Maior o Día Internacional do Voluntariado

A delegada provincial de Lugo, Branca Rodríguez, visitará pola tarde a exposición do traballo desenvolvido polos voluntarios e voluntarias das distintas asociacións que conforman a entidade.

Hoxe, 5 de Decembro é o Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social que foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacións...

Ampliar

(04-12-2008)

Imaxe de grupo dos gañadores

Os Premios á Solidariedade en Galicia 2008 recoñecen o inestimable labor de cinco entidades representantes das diferentes formas de voluntariado na comunidade

Os galardoados foron a presidenta da xunta local da AECC de Pontevedra, a Cemma, ao presidente de PAT Ourense, ao cooperante galego falecido en...
Ampliar

(01-12-2008)

Voluntarios do programa Rodela participaron en Ourense nun encontro para intercambiar experiencias

O Programa Rodela de acompañamento ás vítimas da violencia de xénero comezou a funcionar hai xa un ano. Arredor de 100 persoas analizarán o traballo desenvolvido e reflexionarán sobre a intervención coas vítimas de malos tratos.

Arredor dunhas cen persoas participaron durante a xornada do domingo 30 de novembro no I Encontro de Voluntariado de Acompañamento a vítimas de...

Ampliar

(27-11-2008)

Un momento da presentación do proxecto de lei ás EAV o luns 24

O Consello da Xunta aproba o proxecto de Lei galega de acción voluntaria

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o proxecto da Lei Galega de Acción Voluntaria, coa que se pretende coordinar a acción voluntaria no noso país e adaptarse a unha nova realidade marcada pola puxanza do movemento solidario en Galicia. A norma, que substituirá a lei vixente do ano 2000, nace para dar resposta á demanda de dotar de novos marcos normativos o sector, fixada xa no Plan Galego de Acción Voluntaria 2006-2010 e que foi tamén trasladada ao Goberno galego desde as propias entidades de voluntariado.

O seguinte paso será trasladar o agora xa proxecto de lei ao Parlamento de Galicia, onde se desenvolverá o debate para a súa aprobación. O novo texto...

Ampliar

(27-11-2008)

Á conferencia, que tivo lugar no Hotel Araguaney en Santiago de Compostela, asistiron unhas 220 persoas

"Aínda quedan 400 rapaces por recuperar. Queda moito por facer!"

Elsa Sánchez de Oesterheld, avoa da Plaza de Mayo, contou a súa historia "de esperanza" no marco de conversascon: en Santiago de Compostela.

"Eu tiven moitas experiencias na miña vida. Morrín moitas veces. Non sei cómo estou viva". Así comezou Elsa Sánchez de Oesterheld onte 26 de novembro...

Ampliar

Formato RSS 2.0
Vicepresidencia Xunta de Galicia (Nova ventá)