VOLUNTARIADO MIÚDO
VOLUNTARIADO MIÚDO
A Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado puxo en marcha no ano 2016 un novo programa de voluntariado na educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.
O proxecto VOLUNTARIADO MIÚDO pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.
Os obxectivos principais do programa son:
- A inmersión nos valores solidarios e na acción voluntaria dende o comezo da etapa educativa obrigatoria.
- O traballo dos valores solidarios dende un contexto lúdico empregando a música como un mecanismo motivacional.
Co fin de acadar os obxectivos propostos deseñouse un proxecto en base á canción “Móvete” de Paco Nogueiras, canción que se empregará como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que servirá de reforzo aos nenos e nenas implicados.
Os centros que participaron o pasado curso 2024-2025 no programa foron:
- CPR Luis Vives (Ourense)
- CEIP Juan Fernández Latorre ( A Coruña)
- CEIP Os Casais (Fene)
- CPI plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame)
- CEIP plurilingüe María Barbeiro e Cerviño ( A Coruña)
- CPR plurilingüe Divina Pastora (Ourense)
- CEIP Manuel Luis Acuña (Ourense)
- CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga (Guitiriz)
- CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos)
- CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño)
- CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso)
- CEIP San Tomé (Cambados)
- CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)
 
 