VOLUNTARIADO DIXITAL
O programa Voluntariado Dixital promovido pola AMTEGA (Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia) en colaboración coa Consellería de Política Social, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.
O programa Voluntariado Dixital promovido pola AMTEGA (Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia) en colaboración coa Consellería de Política Social, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.
O programa combina o ámbito do voluntariado e as novas tecnoloxías mediante a creación dunha rede de voluntarios e entidades colaboradoras que ofrecen a súa axuda para introducir aos participantes na sociedade da información e o coñecemento.
As entidades colaboradoras poden ser de tres tipos:
- Entidades de acción voluntaria:Son as organizacións do terceiro sector e de acción voluntaria que participan directamente na execución do proxecto. Para adherirse ao programa deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.
- Organismos Colaboradores Estratéxicos: Trátase de entidades públicas e/ou privadas que representan intereses profesionais, académicos, empresariais e/ou sociais, que se converten en colaboradoras fundamentais do programa dunha maneira continua e duradeira.
- Mecenas Dixitais: Son empresas privadas do sector TIC que participan nas diferentes liñas de mecenado definidas no programa.
A inscrición e solicitude realizarase de maneira on- line na web do programa: voluntariadodixital.xunta.es
Se es un internauta maior de 18 anos, cun coñecemento tecnolóxico de usuario medio ou unha entidade de acción voluntaria rexistrada no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, anótate como voluntariado dixital e/ou entidade de acción voluntaria na web do programa voluntariado dixital.
Se es unha empresas do sector TIC ou un organismo interesado en colaborar connosco, podes manifestar o teu interese a través da web do programa voluntariado dixital.
Máis información:
Correo electrónico:voluntariadodixital@xunta.es
web: http://voluntariadodixital.xunta.gal/
Para aclarar dúbidas tamén podes picar nesta ligazón: VOLUNTARIADO DIXITAL