PROGRAMA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - VOLUNTARIADO DE LECTURA-A

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboracion coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dá Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaboran na realización do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS.

A Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado en colaboracion coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaboran na realización do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

O Plan LÍA de Bibliotecas Escolares contempla entre os seus obxectivos o de “incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas, aproveitando os seus recursos para unha mellor atención da diversidade, e unha máis óptima atención á multiculturalidade, ás necesidades educativas específicas e ao plurilingüismo”, así como o de “estimular a experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa”. Unha das liñas estratéxicas deste plan é a de “conseguir maiores cotas de implicación das familias na formación dos novos lectores”. 

Por outra banda, unha das funcións da biblioteca escolar é a de axudar a paliar as desigualdades no acceso aos recursos culturais e de acceso ao coñecemento, poñendo ao dispor de todo o alumnado, independentemente da súa situación socioeconómica, todas as ferramentas precisas para avanzar na súa formación como lector crítico e como usuario e produtor de información, competencias craves na actual sociedade da información. 

Con este fín créase o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS dentro do cal se engloban unha serie de iniciativas tales como: 

1.- Concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"
A finalidade desta iniciativa é a de recoñecer a bibliotecas nas que se traballa de forma destacable a compensación de desigualdades e foméntase o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. 

As características específicas son: 
    • Convocatoria específica por curso escolar.
    • Presentación de memorias por parte dos centros interesados 
    • Concesión dos selos (máximo 15 por curso escolar) 
      
2.- Voluntariado na biblioteca Escolar Secundaria e outras ensinanzas
Neste caso a finalidade é o recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de certificado ou diploma acreditativo do traballo realizado. 

Destinado a alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinos de réxime especial.
Características:

As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado.

3.- Voluntariado de Lectura Primaria
A finalidade é estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. 

As características desta iniciativa son: 
Os centros inscritos presentarán memoria de actividades

Seleccionaranse un máximo de 10 experiencias. Concreción en convocatoria complementaria