
ASOCIACIÓN ITINERA DE VOLUNTARIOS EN SAÚDE MENTAL
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RÚA DO CEO, 10-1º
15704 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Somos unha asociación de voluntarios comprometidos na integración social das persoas que padecen un trastorno mental que conleve unha discapacidade funcional. A nosa razón de ser é a eliminación do illamento, a marxinación e o estigma social, verdadeiras barreiras que impiden o seu axeitado desenvolvemento persoal. Para este fin valémonos de actividades de ocio, deportivas, culturais, medioambientais e educativas que faciliten a súa participación social como cidadÁns de pleno dereito. A asociación presta, ademais servicios de aloxamento e respiro familiar.
A persoas adultas con discapacidade derivada dun trastorno mental, calquera que sexan as súas circunstancias.
Necesitamos voluntarios cun amplo rango de perfís. Homes e mulleres, con ou sen coche, que dediquen pouco ou moito tempo á asociación, durante a semana ou as fins de semana. Que estean capacitados en algunha actividade: ● Ofrecer compañía e amistade ● Xogar ó futbol ● Ensinar informática, idiomas, etc. ● Facer camiñatas ou, simplemente, paseos en compañía ● Facer arranxos de carpintería, de cantería, ou calquera outra cousa, que poidan ensinar ● Bailar ● Ensinar coñecementos xerais básicos ● Participar en actividades de coidado do medio ambiente ● Participar en reunións de cine-club ou de lectura ● Participar, as fins de semana, en tarefas nunha casa rural ● Cociñar e ensinar a cociñar ... Tamén somos unha asociación aberta a suxestións.