ASOCIACIÓN AIXIÑA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
R/ RECAREDO PAZ Nº1
32005 - OURENSE - OURENSE
INFORMACIÓN
AIXIÑA somos unha asociación sen ánimo de lucro, e temos como MISIÓN traballar por e para as persoas con discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral, terceira idade dependente e as súas familias, adaptando a nosa resposta ás súas necesidades e expectativas a través de múltiples programas e servizos, co valor engadido dun trato persoal, próximo e normalizador, co fin de acadar a plena integración das persoas en tódolos ámbitos da vida (social, cultural e laboral).
Para elo desenvolvemos as seguintes actividades e servizos: - Información e asesoramento - Transporte adaptado a persoas con mobilidade reducida. - Fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, musicoterapia, estimulación sensorial. - Actividades de ocio e tempo libre-Colonias de verán. - Centro de Día para persoas con discapacidade física dependentes. - Centro de Día para persoas maiores dependentes - Residencia para persoas con discapacidade física dependentes. - Centro Especial de Emprego.
A persoas con discapacidade física e/ou parálise cerebral, dano cerebral de calquera idade, terceira idade dependente e ás súas familias.
Calquera persoa con ganas de axudar