Entidade

ASOCIACIÓN AIXIÑA

Representante legal: Olga Cuña Blanco
C.I.F: G32144669
Coordinador técnico: Eladio Blanco Rodríguez

CONTACTO

Enderezo:
R/ RECAREDO PAZ Nº1
32005 - OURENSE - OURENSE
Teléfono: 988233304 Móbil:
Fax:
Email: formacion@aixina.org
Nº de voluntarios: 35

INFORMACIÓN

Quen somos:

AIXIÑA somos unha asociación sen ánimo de lucro,  e temos como MISIÓN traballar por e para as persoas con discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral, terceira idade dependente e as súas familias, adaptando a nosa resposta ás súas necesidades e expectativas a través de múltiples programas e servizos, co valor engadido dun trato persoal, próximo e normalizador, co fin de acadar a plena integración das persoas en tódolos ámbitos da vida (social, cultural e laboral).

Para elo desenvolvemos as seguintes actividades e servizos: - Información e asesoramento - Transporte adaptado a persoas con mobilidade reducida. - Fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, musicoterapia, estimulación sensorial. - Actividades de ocio e tempo libre-Colonias de verán. - Centro de Día para persoas con discapacidade física dependentes. - Centro de Día para persoas maiores dependentes - Residencia para persoas con discapacidade física dependentes. - Centro Especial de Emprego.

A quen vai dirixida:

A persoas con discapacidade física e/ou parálise cerebral, dano cerebral de calquera idade, terceira idade dependente e ás súas familias.

Quen pode colaborar:

Calquera persoa con ganas de axudar

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado