ASOCIACIÓN RAIOLAS - LUGO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Músico Falla Nº21
27004 - LUGO - LUGO
INFORMACIÓN
A Asociación Raiolas - Lugo foi constituída na cidade de Lugo o 29 de marzo de 2000. É unha asociación sen ánimo de lucro declarada no ano 2011 de Utilidade Pública, formada polos pais e nais de persoas con autismo e outros trastornos do Espectro do Autismo (TEA), que traballa na provincia de Lugo. O seu obxectivo é a realización de todas as actividades que melloren a calidade de vida das persoas con autismo ou TEA e que procuren a súa plena integración familiar e social. Raiolas-Lugo é membro de: - Confederación Autismo España - FADEMGA A asociación está inscrita no: - Rexistro Provincial de Asociacións - (Xunta de Galicia) : N.º 2000/002292. - Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais - (Xunta de Galicia): N.º E-5848. - Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia - (Xunta de Galicia): N.º FM 505 A. - Rexistro de Asociacións do Concello de Lugo: N.º 168.
A personas con Trastornos do Espectro do Autismo e as súas Familias
Calquera persoa ou entidade que comparta os fins da asociación e que apoie os seus proxectos