
ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL DON BOSCO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RUA BELVIS, Nº 2
15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A asociación Xuvenil DON BOSCO, é unha asociación que traballa no campo da prevención, educación no tempo libre, animación xuvenil e desenvolvemento socio-cultural cos xóvenes e nenos e nenas do noso barrio e acollendo tamén ós da cidade de Santiago e alrededores. Ofrecemos unha alternativa de actividades, que van desde as especificamente formativos (Proxecto Trisquel, proxecto de apoio escolar) ata outras de carácter lúdico, social e cultural (proxecto ludoteca, proxecto campaña de verán, proxecto bosco Nadal, proxecto festas tradicionais galegas, aula informática...) . Tamén contamos con campos de deporte e parque, que son punto de reunión e encontro de adolescentes e xóvenes. Aparte dos proxectos indicados, realizamos actividades puntuais, coincidindo con festas e celebracións ou momentos importantes da cidade. Coidamos tamén a relación con outras asociacións do barrio, como a Asociación Veciñal a Xuntanza, organizándonos nunha Coordinadora de Barrio dende a que se realizan actividades como Magostos, o Entroido e as Cacharelas e outras accións encamiñadas ó benestar dos veciños e veciñas do Barrio de San Pedro.
xóvenes e nenos e nenas do noso barrio e acollendo tamén ós da cidade de Santiago e alrededores.