
ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Alcalde Usero, CC Porta Nova, locais 103-105, baixo
15403 - FERROL - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) nace en 1972 como punto de encontro das persoas xordas da comarca de Ferrolterra. En 1974 é declarada de Utilidade Pública, afianzándose como o único recurso específico comarcal para o colectivo. Na actualidade fomenta a plena igualdade e independencia das Persoas Xordas a través da eliminación de barreiras comunicativas e todas aquelas accións que procuren o seu pleno desenvolvemento como membros activos/as da sociedade
Persoas xordas e familias, poboación xeral
Na AXF contamos cun gran Grupo de Voluntariado no que participan persoas xordas e oíntes, de todas as idades. Grazas á colaboración da Consellería de Política Social, a entidade desenvolve unha ampla programación de promoción do voluntariado e da Cultura Xorda, fomentando o intercambio cultural e xeracional, a eliminación de barreiras de comunicación e a solidariedade. Queres coñecer a Cultura Xorda e participar dunha nova experiencia social? Podes achegar a túa motivación e solidariedade en calquera das nosas actividades. Faite voluntaria/o!