ASOCIACIÓN XUVENIL XENTENOVA (AXX)

Representante legal: ANA PITA FERNÁNDEZ
C.I.F: G36636538
Coordinador técnico: DIEGO OTERO COMESAÑA

CONTACTO

Dirección:
1ª Trav. de Couto San Honoroto Nº3, Baixo
36204 - VIGO - PONTEVEDRA
Teléfono: Móvil: 626 531 723
Fax:
Email: axx@xentenova.org
Nº de voluntarios: 20

INFORMACIÓN

Quiénes somos: A Asociación Xuvenil Xentenova naceu no ano 1985 na cidade de Vigo coa finalidade última de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral dos nenos/as e mozos/as. Tentamos ofertar unha resposta ás súas necesidades de asociación, formativas, culturais, sociais, recreativas,... de tentar responsabilizalos no seu propio desenrolo e colaborar con outras asociacións para realizar accións conxuntas en prol da xuventude. O noso ámbito concreto de actuación abarca a cidade de Vigo, centrándonos máis concretamente nos barrios de San Roque, A Salgueira, Castrelos, Estrada Provincial, Praza de España, Rúa Pizarro, A Dobrada e o Calvario. Sen embargo, en colaboración con outras entidades, o noso ámbito pode ser autonómico, estatal ou incluso a nivel europeo.
A quién va dirigido: Na actualidade contamos con 25 voluntarios/as que traballan en 5 programas educativos: PROGRAMA INFANTIL: Está formado por proxectos de lecer educativo e de ocio alternativo dirixidos a nenos/as de idades comprendidas entre 6 e 12 anos. As actividades soen ser grandes xogos, aventuras, obradoiros, campamentos de verán, etc... PROGRAMA ADOLESCENTE: Dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 15 anos, onde o obxectivo é aprender valores a través da xogos e aventuras. PROGRAMA XUVENIL: Está formado por proxectos de claro carácter formativo é critico coa sociedade, de lecer educativo e de ocio alternativo para rapaces/as entre 15 e 18 anos. Tentamos fomentar o acceso ás novas tecnoloxías, e ademais tamén ofertar actividades de ocio para os voluntarios e voluntarias da asociación. PROGRAMA SOLIDARIEDADE: Programa transversal que desenrola proxectos de cara a sensibilizar os nosos usuarios e paliar pequenas situacións de desigualdade social pensando sobre todo nos máis desfavorecidos. Vai dirixido a tódolos usuarios que participan noutros proxectos da Asociación (6 a 30 anos). Algunhas actividades son a Campaña de Nadal, a colaboración con ONG´S, ofertando unha biblioteca, apoio escolar, colaborando co proxecto Espabila, etc... PROGRAMA CULTIVARTE: Programa transversal adicado a fomentar a cultura e o arte en toda a Asociación. Vai dirixido a tódolos usuarios que participan noutros proxectos da asociación (6 a 30 anos). Aprender a tocar un instrumento, proxectos de animación a lectura, artes escénicas, cine, propostas culturais na web, etc... PROGRAMA FORMACIÓN E VOLUNTARIADO: Dende este proxecto, dirixido ós voluntarios da asociación e a promocionar o mesmo en outros ambitos, facilítanse cursos de distinta índole, foros de debate, mesas redondas, ponencias, etc...
Quién puede colaborar: A oportunidade de colaborar como voluntario na nosa asociación está aberta a tódalas persoas que o desexen. O proceso de entrada está canalizado a través do noso plan de voluntariado baseado no acompañamento e na formación, sobre todo dos novos voluntarios, de cara a fomentar o coñecemento da identidade da Asociación e o noso proxecto educativo. Os novos voluntarios van, pouco a pouco, adquirindo coñecementos e responsabilidades na asociación segundo o nivel de implicación que desexen.
Población destinataria según segmento de edad
Infantil
Xuvenil
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. y autonomía personal
Vol. e infancia
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado
Educación y voluntariado