 
ASOCIACIÓN XUVENIL XENTENOVA (AXX)
      Representante legal: ANA PITA FERNÁNDEZ
    
    
      C.I.F: G36636538
    
    
      Coordinador técnico: DIEGO OTERO COMESAÑA
    
   - Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
          Enderezo:
1ª Trav. de Couto San Honoroto Nº3, Baixo
36204 - VIGO - PONTEVEDRA
        
        1ª Trav. de Couto San Honoroto Nº3, Baixo
36204 - VIGO - PONTEVEDRA
          Teléfono:    Móbil: 626 531 723
        
        
          Fax: 
        
        
        
          Email: axx@xentenova.org
        
        
          Nº de voluntarios: 20
        
        INFORMACIÓN
          Quen somos:
          A Asociación Xuvenil Xentenova naceu no ano 1985 na cidade de Vigo coa finalidade última de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral dos nenos/as e mozos/as. Tentamos ofertar unha resposta ás súas necesidades de asociación, formativas, culturais, sociais, recreativas,... de tentar responsabilizalos no seu propio desenrolo e colaborar con outras asociacións para realizar accións conxuntas en prol da xuventude.
O noso ámbito concreto de actuación abarca a cidade de Vigo, centrándonos máis concretamente nos barrios de San Roque, A Salgueira, Castrelos, Estrada Provincial, Praza de España, Rúa Pizarro, A Dobrada e o Calvario. Sen embargo, en colaboración con outras entidades, o noso ámbito pode ser autonómico, estatal ou incluso a nivel europeo.
        
        
          A quen vai dirixida:
          Na actualidade contamos con 25 voluntarios/as que traballan en 5 programas educativos:
PROGRAMA INFANTIL: Está formado por proxectos de lecer educativo e de ocio alternativo dirixidos a nenos/as de idades comprendidas entre 6 e 12 anos. As actividades soen ser grandes xogos, aventuras, obradoiros, campamentos de verán, etc...
PROGRAMA ADOLESCENTE: Dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 15 anos, onde o obxectivo é aprender valores a través da xogos e aventuras.
PROGRAMA XUVENIL: Está formado por proxectos de claro carácter formativo é critico coa sociedade, de lecer educativo e de ocio alternativo para rapaces/as entre 15 e 18 anos. Tentamos fomentar o acceso ás novas tecnoloxías, e ademais tamén ofertar actividades de ocio para os voluntarios e voluntarias da asociación.
PROGRAMA SOLIDARIEDADE: Programa transversal que desenrola proxectos de cara a sensibilizar os nosos usuarios e paliar pequenas situacións de desigualdade social pensando sobre todo nos máis desfavorecidos. Vai dirixido a tódolos usuarios que participan noutros proxectos da Asociación (6 a 30 anos). Algunhas actividades son a Campaña de Nadal, a colaboración con ONG´S, ofertando unha biblioteca, apoio escolar, colaborando co proxecto Espabila, etc...
PROGRAMA CULTIVARTE: Programa transversal adicado a fomentar a cultura e o arte en toda a Asociación. Vai dirixido a tódolos usuarios que participan noutros proxectos da asociación (6 a 30 anos). Aprender a tocar un instrumento, proxectos de animación a lectura, artes escénicas, cine, propostas culturais na web, etc...
PROGRAMA FORMACIÓN E VOLUNTARIADO: Dende este proxecto, dirixido ós voluntarios da asociación e a promocionar o mesmo en outros ambitos, facilítanse cursos de distinta índole, foros de debate, mesas redondas, ponencias, etc...
        
        
          Quen pode colaborar:
          A oportunidade de colaborar como voluntario na nosa asociación está aberta a tódalas persoas que o desexen.
O proceso de entrada está canalizado a través do noso plan de voluntariado baseado no acompañamento e na formación, sobre todo dos novos voluntarios, de cara a fomentar o coñecemento da identidade da Asociación e o noso proxecto educativo.
Os novos voluntarios van, pouco a pouco, adquirindo coñecementos e responsabilidades na asociación segundo o nivel de implicación que desexen.
        
        Poboación destinataria segundo segmento de idade
          Infantil
          Xuvenil
              Poboación destinataria segundo sexo
          Mulleres
          Homes
              Áreas de intervención
          Vol. e Inclusión social
          Vol. e autonomía persoal
          Vol. e infancia
              Ámbitos do voluntariado
          Entidades de iniciativa social e voluntariado
          Educación e voluntariado
              