
CONCELLO DE BRIÓN
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
CASA DA CULTURA. CARBALLEIRA DE SANTA MINIA, 5
15865 - BRIÓN - A CORUÑA
INFORMACIÓN
No ano 1998 o Concello de Brión pon en marcha a Oficina Municipal de Voluntariado co obxectivo de favorecer a participación dos veciños no desenvolvemento da vida social, cultural, comunitaria do seu concello a través de proxectos concretos de voluntariado, promovidos tanto desde o propio concello como polas entidades non lucrativas que desenvolven aquí a súa actividade.
Os proxectos de voluntariado que se están a desenvolver van dirixidos a distintos sectores da poboación. Hai proxectos, sobre todo os de voluntariado cultural, que están dirixidos á poboación en xeral. Outros están pensados para grupos máis concretos: infancia, mocidade, discapacitados, terceira idade, adultos, muller.
Poden colaborar nas actividades todos os maiores de 18 anos e os mozos de 16 a 18 anos con autorización. En actividades concretas, coma algunha das de voluntariado ambiental, tamén participan rapaces máis novos acompañados por un adulto responsable.