CRUZ ROJA ESPAÑOLA, COMITÉ AUTONÓMICO DE GALICIA

Representante legal: Mª CARMEN COLMEIRO ROJO
C.I.F: Q2866001G
Coordinador técnico: JOAQUIN VARELA RIVERA

CONTACTO

Dirección:
RUA CRUZ ROJA ESPAÑOLA, Nº 1
15002 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 981-221000 Móvil: 981-205975
Fax: 981-206490
Email: galicia@cruzroja.es
Nº de voluntarios: 5171

INFORMACIÓN

Quiénes somos:

Cruz Vermella Galicia é parte da Sociedade Nacional Cruz Vermella Española, que á súa vez é membro da Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, que é a maior organización humanitaria do mundo e presta asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, raza, crenzas relixiosas, clase social ou opinión política.

 

Traballamos en Galicia desde 1870 e desde entón fómonos adaptando e transformando para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables da nosa comunidade, mellorando a súa calidade de vida, autonomía e favorecendo a súa integración social. Ao mesmo tempo, tratamos de implicar á cidadanía nas necesidades da poboación doutros lugares do mundo así como nas emerxencias nacionais e internacionais.

 

O máximo órgano de goberno da Organización en Galicia é o Comité Autonómico, que está formado por representantes do voluntariado e das persoas socias que son elixidos cada catro anos nun proceso electoral, segundo marcan os Estatutos e o Regulamento Xeral Orgánico de Cruz Vermella Española. Cruz Vermella en Galicia está presidida por Carmen Colmeiro Rojo, que actualmente ocupa o cargo de presidenta autonómica. Ademais, en cada provincia existe un Comité Provincial e na actualidade están presididos por Mercedes Casanova Díaz (A Coruña), Luís Abelleira Mayor (Lugo), Felipe Ferreiro Feijóo (Ourense) e Teresa Álvarez Quicler (Pontevedra).

 

Unha das nosas grandes fortalezas é a nosa rede local. Contamos con asembleas locais e comarcais que traballan en máis de corenta localidades galegas e que son coordinadas polas súas respectivas oficinas provinciais. Tamén dispoñemos de seis bases de salvamento marítimo e de varios centros de diversa índole.

A quién va dirigido:

Desenvolvemos o noso labor a través de proxectos e actividades centradas nas áreas de Inclusión social, Emprego, Educación, Socorros, Saúde, Medio Ambiente e Cooperación Internacional. Traballamos con infancia, mocidade, persoas maiores, dependentes e coidadoras, mulleres en situación de dificultade, persoas sen fogar, persoas desempregadas, persoas inmigrantes e refuxiadas, persoas con discapacidade, persoas drogodependentes e persoas privadas de liberdade así como con outros colectivos con necesidades específicas.

 

As directrices da nosa actividade recóllense nun Plan de Acción plurianual no que se establecen as prioridades e obxectivos que pretende conseguir o conxunto da Organización en cada período e que é aprobado polo Comité Nacional.

Quién puede colaborar:
Población destinataria según segmento de edad
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Población destinataria según sexo
Mujeres
Hombres
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. y autonomía personal
Vol. e infancia
Vol. y cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos del voluntariado
Entidades de iniciativa social y voluntariado