
ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE VALDEORRAS, ASFAVAL
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
O BAÑADOIRO, S/N
32340 - VILAMARTIN DE VALDEORRAS - OURENSE
INFORMACIÓN
A Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras; ASFAVAL, é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1995 co obxectivo de dar resposta ás necesidades dunha serie de familias que se atopaban cunha problemática común: ter algún dos seus membros discapacidade intelectual e/ou retraso mental.ASFAVAL da cobertura a comarca de Trives, Viana, a Veiga, O Bolo, Vilariño de Conso e O Puente de Domingo Flórez.Nestes momentos ASFAVAL conta cun Centro Ocupacional situado en Vilamartín de Valdeorras, recentemente rematouse o centro de día e a residencia no Barco de Valdeorras.
Na actualidade ASFAVAL, ofrece os seus servizos a 21 persoas con Discapacidade Intelectual de carácter leve ou moderada e psicopatoloxía asociada que teñen recoñecido polo E.V.O un grado de minusvalía superior ao 33%, maiores de idade, de ambos sexos e cun nivel de autonomía que lles permita a súa integración social e laboral.